Artigos de Xesús Veiga

Continuidade e cambios no 18F

Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a forza mais votada o domingo no que rematou a semana do Entroido -o PP- posúe a maioría parlamentaria suficiente para ocupar o goberno da Xunta en solitario.

A posibilidade dun cambio histórico

O termo "histórico" é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.

A memoria do Prestige aparece na campaña

É ben coñecida a frase de Carlos Marx contida no inicio da obra "O 18 Brumario de Luis Bonaparte": "A historia ocorre dúas veces: a primeira vez como unha grande traxedia e a segunda como unha miserábel farsa".

A campaña máis estalizada da última década?

Despois de moitas especulacións e declaracións, xa sabemos a data dos comicios ao Parlamento galego. Certamente, o adianto dunha convocatoria electoral forma parte das normas e das prácticas vixentes en moitos sistemas democráticos. Xa que logo, non ten sentido focalizar a discusión na congruencia legal da decisión tomada por Alfonso Rueda senón noutras cuestións relevantes: os argumentos utilizados para explicar o adianto e as formas aplicadas na súa execución.

Podemos: dez anos de luces e sombras

O recente abandono das 5 deputadas e deputados de Podemos do Grupo Parlamentar de Sumar e a súa integración no Grupo Mixto no Congreso escenifica, definitivamente, unha ruptura que se viña madurando durante os últimos meses.

O pasado e o presente de Feijóo

Nunha democracia parlamentaria, ademais da lóxica relevancia atribuída ás formacións políticas que conforman o poder executivo -e, no seu interior, á persoa que encarna a presidencia do goberno- resulta moi importante analizar o papel que desenvolve a oposición e a calidade do labor dos seus dirixentes.

A enfurecida reacción das dereitas

O proceso para investir a Pedro Sánchez como presidente do goberno do Estado cumpriu coa grande maioría dos prognósticos formulados nesta mesma páxina hai unhas semanas.

Destruír Palestina: unha pretensión imposíbel

Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios.