Artigos de Xosé Glez.

Restaurar a memoria lingüística de Galicia

Protexer legalmente a memoria dos defuntos é unha obriga dos herdeiros. Sobre todo, se o falecido testou o seu legado . Pero de non ser este o caso, porque a morte chegoulle imprevistamente, os herdeiros reciben certas manifestacions da persoa de índole moral que deben xestionar, esixindo o respeto á integridade da obra intelectual. Un prestixioso xurista como foi o alemán Savigny, sostiña que todo home débese valorar á vez como membro dunha familia e dun pobo, e cada época como a continuación e desenrolo de todos os tempos transcorridos.

Faustino Santalices

A música tradicional galega, recollida e gardada para sempre nos seus cancioneiros por J.Pérez Ballesteros, Marcial de Adalid, Casto Sampedro, Jesús Bal e Gay, Marcial Valladares, Xoaquin Lourenzo, D.Schubarth e Antón Santamarina, son de seu fortalezas seguras nas que atopou acubillo para sempre a lingua galega, a carón doutras construídas polo munumental arquivo musical de Cantigas e Agarimos e outras agrupacións semellantes.

Eu, ti, el... Todos nós podemos galeguizar

Non é a primeira vez que lemos na prensa escrita notas de denuncias polas limitacións ao uso do galego facendo fincapé na responsabilidade que teñen as administracións públicas no proceso de normalización lingüística. As obrigas que teñen son evidentes. Pero esquecemos que as máis das actividades dos cidadáns atinxen a súa esfera persoal e a eles compételles escoller o idioma para realizalas. Non son poucas. A galeguización do país virá tamén da decisión que eles tomen deliberadamente.

A participación e creatividade nas festas populares

Comentabamos días pasados o alcance da aplicación do principio da discriminación positiva na programación musical da radiodufisión española en 1969. Aquela Orde ministerial pretendía limitar as emisións masivas de música anglosaxona, protexendo a música lixeira cantada en castelán, incluíndo tamén tamén as que denominaban “linguas rexionais”.

Cando o ministro Fraga se opuña á música lixeira estranxeira

Foi por volta de mediados da década dos anos oitenta que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que dirixía servidor, deu a coñecer unha iniciativa para galeguizar as festas populares.

As eurocidades, os cidadáns e as linguas

Eu, que acredito no prodixio da intelixencia dos animais para relacionárense cos humanos, nunca pensei que un loro chegase ao punto de ter coñecemento sociolingüísticos.

A calculadora inventouna un galego

Recén incorporado ao galeguismo sendo un mociño, disto hai xa ben anos, recibín un agasallo que viña de Buenos Aires. Eran dous tomos da obra “Los Gallegos en la Argentina” de Alberto Vilanova que recibira en 1957 o premio de Historia no Concurso extraordinario de 1957, celebrado para conmemorar o cincuentenario da fundación do Centro Galego daquela cidade porteña. A obra está prologada por Claudio Sánchez-Albornoz.

As liturxias do 25 de xullo

Día de Galicia.Tamén da Patria Galega. Dúas denominación para dúas ópticas ideolóxicas distintas. As interpretacións que se fan desta data son moi ilustrativas polas liturxias que uns e outros organizan.