Artigos de Manuel H. Iglesias

Xunqueira: un oasis musical

Como esta maldita pandemia coarta a nosa vida cotián e obríganos a andar medio enmascarados, inpedindo os apretóns de mans e bicos nas meixelas; e como semella que perdurará no tempo, a día de hoxe, atopar espazos culturais onde escoitar boa música e en directo, resulta case imposibel.

O que a ferro mata

Unha chamada inesperada dun amigo, como querendo xustificarse, dime que deixa responsabilidades no Concello e que vaise pra casa. Eu respóndo: pero, cando todos os que vos enbarcastes no asunto, ou sexa en DO, non sabíades como era o persoeiro que agora denunciades? Silencio e logo excusas. Esta cuestión lévame a matinar sobor dun sabio refrán galego que di: E logo ise rapaz, quén ven sendo? Esta pregunta faise antes de embarcamos nun proxecto ou de tomar unha decisión importante. Trátase de saber con quen vas a traballar.

Coa vara que ti mediches

Ben sei que a denuncia que fixo un avogado contra o grupo de Podemos e que tantos titulares de prensa dá semella ser unha vendeta que ten por causa un resentimento por cuestións laborais. Pois, denunciar asuntos dos que non hai probas contundentes e guiarse polo que din ou un escoita, parece algo moi chungo. Polo que, o denunciante seica fai isto, pra que o xulgado investigue. O cual indica que todo parece unha conxura pero moi debilucha.

Sen referentes

En todas as sociedades sempre houbo referentes que serviron como modelo ou guia para o conxunto da sociedade. Persoas que co seu facer nas distintas áreas da vida marcaron un camiño que, a xente do común, ollaba e admiraba. E por esta razón eran persoas respectadas e mesmo imitadas. Evidentemente houbo e hai referentes no eido deportivo, no musical, no social, no intelectual e, como non, no eido político entendento iste dunha maneira moi ampla.

Feijóo e a mangueiriña

Neste verán, cando o coronavirus sigue condicionando as nosas vidas, e cando ó emérito vaise a vivir ás anchas no Caribe, cúmplense 12 anos daquela foto na que o Sr. Feijoo saíu a apagar un incendio magueiriña en man. Gobernaba o bipartito e o actual presidente quería dar exemplo facendo campaña electoral, dado que tentaba demostrar que todo ia moi mal con aquela coalición de radicais.

Aturarse polo poder

Ao largo da historia da humanidade sempre houbo xuntanzas de comenencia; matrimonios de interese e, sobor de todo, cantidade de negocios que sempre tiveron como obxectivo ter poder e si é posibel amasar fortuna. A condición humana maiormente traballa pra ter e acadar satifaccións persoais ou de grupo; mais poucas veces o fai por altruímo e pensando nos intersese colectivo da sociedade. Ise obxectivo queda relegado pra outro tipo de entidades que colocan unha serie de principios éticos e mesmo relixiosos por diante dos económicos.

Na moderación estivo a chave

Se houbera que definir a clave do éxito electoral tanto de Feijoo como o de Ana Pontón, entendo que a teríamos que resumila nunha frase: fuxir da estridencia, do berro desesperado e achegarse á moderación nas mensaxes. Ben sei que son dúas propostas partidarias moi diferentes, dado que semellan o día e a noite e chocan como a auga e o aceite.

Nacionalismo paleto?

Cando as cuestión ideolóxicas e propostas partidarias se consideran dogmas, xa non estamos no ámeto da política, pois entramos no eido das cuestións de fé, e iso que pacerece unha banalidade non o é. Pois a política é un asunto dos humanos e o outro entra no campo estrictamente relixioso e pode chegar, a traves das crenzas ó fanatismo, e logo a ser incompatibel coa racionalidade coa que debemos actuar os habitantes do planeta.