Mais sendo así, Feijóo fuxiu da verborrea incendiaria do PP estatal e aínda que, sen presentar algo do que poidera sacar peito, e limitándose a apelar ó sentimento de galeguidade e á desfeita que habería se il non gobernaba, revalidou unha nova maioría. E van catro.
Ana Pontón, pola contra, fuxiu de falar de soberanismo de arredismo e incidiu moito en amosar os problemas emdémicos como o da emigración da mocidade e outros semellantes. Deste xeito levou ó BNG a uns resultados nunca antes acadados. Faloulle a xente sen porse na postura académica e superior como o facía Beiras. E tivo un éxito moi importante pois lánzaa como lider indiscutibel do bloque.
O certo é que o panorama político galego mudou de forma moi significativa. As chamadas mareas desapareceron do mapa. O PSOE mantivo o tipo, e tanto cidadáns como a ultradereita quedaron fora do reparto, tema que é moi importante pois no fondo os dous grupos son contrarios ás autonomías. Pois ben, todo isto ben a amosar varias cuestións: a primeira é que as loitas e divisións partidarias sempre son penalizas duramente polos cidadáns. A segunda é que, na nosa sociedade, o radicalismo ten moi pouco espazo político e os galegos sempre son cautos a hora de dar pasos sen ver o futuro con certa seguridade.
Agora, Feijoo gobernará sen problemas e non creo que haxa cambios importantes na súa maneira de xestionar. Todo seguirá máis ou menos igual, recortes e privatizacións e nada de mellorar o autogoberno. Pola contra, á oposición e sobor de todo ó BNG, terá que decatarse de que moitos dos votos que tivo son de persoas que, querendo un cambio, optan por un pais tranquilo e sen estridencias nin veleidades independentistas. Ou sexa: aceptan ampliar competencias si; acadar obxectivos e metas concretas tamén; mais estas teñen que ser cousas tanxibles e prácticas. Ou sexa: cousas que sexan útiles para os cidadáns. Pois, falar de utopías como a autodeterminación e referenduns, non entran nese sector da nosa sociedade. E dense ise punto de vista, se o nacionalismo do Bloque quere superar a barreira dos 19 deputados e convertirse nunha alternativa real ó PP, moito terá que mudar, moito terá que facer pra atraer as súas filas a máis cidadáns que o miran con moitas reticencias.
Pois non nos enganemos, en Galicia acontece, e non é a primeira vez que pasa, que o trasvase de votos dase entre as chamadas forzas progresistas, sen que ó graneiro do PP ceda electorado. E se iso non se ten en conta é que pouco se entende a esta sociedade. Por iso, ás veces hai ser moi pracmáticos e arredar moitas utopias e cuestións ideolóxicas que non son máis ca soños sen consistencia real.
Polo tanto, se o nacionalismo quere rachar con esa tendencia de trasvase electoral ten que mudar e pasar a ter un nacionalismo práctico e moi operativo. Un nacionalismo que fuxa de radicalismos inutiles e testimoniais que nada aportan e porse á altura da xente. En fin; a moderación e o sentido practico foron a chave nesta campaña electoral. E os resultados están á vista.