O que a ferro mata

Unha chamada inesperada dun amigo, como querendo xustificarse, dime que deixa responsabilidades no Concello e que vaise pra casa. Eu respóndo: pero, cando todos os que vos enbarcastes no asunto, ou sexa en DO, non sabíades como era o persoeiro que agora denunciades? Silencio e logo excusas. Esta cuestión lévame a matinar sobor dun sabio refrán galego que di: E logo ise rapaz, quén ven sendo? Esta pregunta faise antes de embarcamos nun proxecto ou de tomar unha decisión importante. Trátase de saber con quen vas a traballar.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 03/09/2020

Comparte esta noticia
Pois ben, despois de ver os tristes e escuros acontecementos no goberno do Concello,  calquer cidadán pode pensar que os que   entraron no xogo de meterse nun chiringuito político que segundo dicia: nin de dereitas nin de esquerdas, fixérono por algunha destas dúas cuestións: a primeira e a máis suave,  porque eran moi inxénuos e confiaban no persoeiro e querían  colaborar, ademais de buscar notoriedade social;   e  a outra  porque vían  a oportunidade de medrar  en ámetos da vida incluíndo o económico.
 
Por eso, agora cando saiu á luz o que se comentaba nas reunións e nos cafés,  chámame a atención que os incondicionais que nalgún intre dixeron: Dale caña Jácome referíndose os políticos que gobernaban,  ou, contigo ata a morte Gonzálo, ao ver que  pintan bastos plegan alas e fuxen ou actúan querendo aparecer como xente con ética e  principios. Cousas veredes. Pero o panorama que se percibe é fodido.
 
Que  centos de ourensás xa  sabían  que o proxecto de DO era un asunto que xiraba arredor dunha persoa e que ésta controlaba todo non era un segredo. Sabían das ánsias de poder dun aspirante a ditador; tamén sabían que  pouco se podía quitar de onde só había verborrea etc. Polo tanto, o asunto era un proxecto personalista que medrou arredor de denunciar a todo quisqui sen probas e buscando soamente publicidade. E deso o avogado tamén era partícipe activo, aínda que agora queira aparecer como un tipo con ética.
 
Mais, en política, a necesidade, as veces, por intereses fai casamentos que soamente  son de comenencia. E despois dun ano e pico no poder, os asinantes do comunicado levan á xustiza ó xusticieiro alcalde. Paradoxas da vida, ou ambicións de poder. Todo é posibel. O certo é que o concello  camiña á deriva como unha dorna sen rumbo. 
 
E agora, como se pode desfacer tan vergoñento lío se o actual alcalde non dimite?
 
O máis normal sería unha moción de censura. Ben, e os votos? Non chegan sen contar coa axuda da oposición.  A saída,  ou fuxida,  do concelleiro de cultura debuxa un panorama moito  máis complexo e dificil de xestionar do que se esperaba. Panorama que nos pode levar a catro anos máis de paralise municipal. Por iso e moi necesario que pra que non siga o esperpento na casa de todos que polo ben de Ourense o Sr. Gonzalo Jácome teña a elegancia que non amosa nas comparecencia públicas e se aparte e deixe o seu escano. A cidade precisa xente con cordura e sería que a goberne. 
 
En fin, mentres os populares calan e tragan sapos, pois son complices deste sainete,  o Concello esta desgobernado e toda a cidade nun desleixo total. 
 
Quen a ferro mata a ferro morre. Esperemos  que alguen poña sentidiño e no haxa que aguantar tres anos esta situación tan degradante.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com