Nacionalismo paleto?

Cando as cuestión ideolóxicas e propostas partidarias se consideran dogmas, xa non estamos no ámeto da política, pois entramos no eido das cuestións de fé, e iso que pacerece unha banalidade non o é. Pois a política é un asunto dos humanos e o outro entra no campo estrictamente relixioso e pode chegar, a traves das crenzas ó fanatismo, e logo a ser incompatibel coa racionalidade coa que debemos actuar os habitantes do planeta.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 09/07/2020

Comparte esta noticia

Hai uns días un lider político o que non quero nomear, soltou unhas lidezas que amosan falsedades, descoñecemento, fanatismo e moita xenreira sobor dos que non pensan coma el.
O ínclito persoeiro calificou a Castelao como un racista e senófogo. A verdade e que se nota que fala de oidas e, referíndose ó ilustre rianxeiro, é un total analfabeto. Mais como estamos en campaña el e outros do seu grupo  en Galicia deixaron lindezas e ameazas que non deben de esquecerse. A primeira é que tildou ós votantes dun grupo nacinalista como paletos. Ou sexa: que defender a esta terra fronte a un centralismo que foi abafante e negador dunha realidade social e cultural de corenta anos é pouco menos que un delito. E,  segundo el, o nacionalismo galego  é de palestos e,  por dedución, o nacionalismo español é o bo.

Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo
Santiago Abascal, líder de Vox, nun mitin en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

O nacionalismo galego, na grande maioría, non é arredista, mais traballa polo  dereito a  defender a súa lingua e cultura e que as materias primas que están nesta terra alomenos revirtan primeiramente  en beneficios sobor dos seus habitantes, cuestión que maiormente hoxe non acontece. Tamén traballa pra que a Galicia se lle recoñeza como unha nación dentro do Estado actual. E iso non é de pailáns nin de paletos. Ou a caso, por poñer un exemplo,  os navarros non fan algo semellante defendendo o seu concerto económico? E por iso son malos españois?
Outras das lindezas que deixou o lider deste grupo, sona a ameaza. “Si nuestra gente  se pone violenta sería terrible para vosotros...”  Verbas que lembran a vinganza e  ós grupos noiturnos que facían   as sacas  e axusticiamentos noutros tempos. Claro que, diante estas cousas a xustiza mira pra outro lado. Aínda que logo encausa a un que cantando di: que tal político ou autoridade e un corrupto.

Na política española instaluse un vento violento de tristeira lembranza. E nela cabalga unha dereita que añora un pasado de triste recordo.  E xa se sabe, cando as custións políticas pasan a categoría de dogmas, axiña a razón queda fora do proceder humano. Pois  ben, agora resulta que defender un modo de ver a vida, o cal  refléxase no idioma así como nas  formas de ser e actuar; defender a fala que  herdamos dos nosos avós  e que  foi  menosprezada por mor das prohibicións e a oficialidade  e reducida ó ámeto familiar,  a día de hoxe é ser un paleto. Pois imos bos con tales persoeiros.

En fin, na política española instalouse un vento dogmático que non entende de asuntos racionais.  E iso é un mal asunto.  Con todo,  apliquemos o dito:  ladran,  logo existimos e camiñamos porque   ainda estamos vivos.


 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com