Artigos de Manuel H. Iglesias

Coa venda nos ollos

A negativa de varios grupos políticos a abrir unha comisión de investigación e a postura da fiscalía do Estado, dicindo que, os asuntos turbios coñecidos despois das declaracións de Corina sobre os manexos e representacións que implican ó rei emérito, son merecentes de moitas opinión das que resulta dificil absterse.

Revanchismo?

O tema de quitar a Franco, o chamado xeneralísimo, do mausoleo do “Valle de los Caídos” saca á luz cantidade de frases e calificativos case todos de parte interesada.

Cando a xustiza peta na túa porta

Hai uns días, dúas novas referidas á xustiza chamáronme a atención. Dúas determinacións que, ó meu modo de entender, non a deixan en bo lugar. Mellor dito. Deixan a xustiza co cú ó aire.

A xente sinxela é o modelo

Non busquedes modelos de persoas fora da xente sinxela, pode que haxa algún, pero poucos toparedes. A grande minoría que vive baixo tanto boato e poder, ten unha vida oculta que agocha moitas cousas negativas. Xeralmente non son modelo de nada bo, pois teñen un vivir farisaico e moi escuro.

Dúas propostas en positivo

Non é un acontecer recente. Tampouco é algo que non se anunciara con tempo. Mais nada se fixo, ou mellor dito, dende as diversas administracións públicas nada se aportou para remediar o tema da despoboación do rural galego e a conversión dunha importante parte do sector primario en mato degradado, en silveiras e, en definitiva, en abandono.

Non esquezamos a nosa historia

A pouco que pensemos, queda claro que o mundo no que vivimos formouse en base a dous fenómenos sociais: as migracións e o comercio. Os demais aconteceres sempre xiraron sobre istes dous asuntos. Isto que afirmo lévamos a entender que a relación entre xentes de diversas culturas e lugares a traverso do intercambio foron conformando, xunto con outros avatares moi importantes, o mundo actual.

Medo a perder o poder

Moitos din que o poder engancha e que cando o perdes sintes un baleiro que arrepía. E algo de razón teñen, pois parece que hai xente que leva moi mal iste asunto. Claro que isto acontece cando estás moitos anos montado no machiño e ate te fas a idea de que tal posición de mando che pertence de maneira indefinida. Mais nos tempos de hoxe, nos que todo camiña á velocidade de vértigo, todo é posible.

Música enlatada

A renuncia a música en directo, non sei se por cuestións económícas ou por pura comodidade, impúxose dende hai uns anos en todos os festivais de música lixeira. Lonxe quedan aqueles certames onde músicos e cantantes se enfrontaban ó público temerosos dun erro deles ou da orquestra. A técnica permite moitas cousas, pero o seu exceso destrúe e minimaliza a capacidade artística e creativa dos que aínda ven e sinten a musica como un arte.