Coa venda nos ollos

A negativa de varios grupos políticos a abrir unha comisión de investigación e a postura da fiscalía do Estado, dicindo que, os asuntos turbios coñecidos despois das declaracións de Corina sobre os manexos e representacións que implican ó rei emérito, son merecentes de moitas opinión das que resulta dificil absterse.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 12/09/2018

Comparte esta noticia
Para os que superamos os sesenta, lembramos que, de nenos e, incluso de  mozos, mentar ou criticar ao xefe do estado tiña certo perigo. Eran outros tempos e naquela sociedade todo estaba pouco menos que sacralizado. 
 
Chegada a transición política, co novo rei,  as loas ó novo xefe das forzas armadas  foron  constantes. Pois todos tíñamos ansías de saír das escuras e tristeiras sombras da ditadura e, segundo se insistía nos medios,  el era o principal valedor. Así que fraguouse a figura dun rei  que era moi aceptada popularmente entre a xente.  E, a partirese dese momento, houbo certo consenso entre a xente dos medios de información para non tocar con novas, chamémoslle críticas, ao novo monarca. Novas que puxeran en tela de xuizo  á institución. Polo tanto, dende aquela, todos foi un silecio cómplice, que se convertía nunha loa permaente na figura de Xoán Carlos como  artífice dunha transición din, que modélica, para deixar atrás os corenta anos da longa noite de pedra.
 
Pero, anos despois, un run run que logo resoou nun libro do Sr. Anasagasti, deixaba caer pingas escuras sobre o monarca que sonaban moi mal. Novas que apuntaban ó que co paso do tempo saíu á luz. Agora,  desmitificaba a figura dun monarca que, entre outras lindezas,  seica foi un golfo e  ten  na súa andaina vital  moitas cousas agochadas e escuras, decae en aprecio un persoeiro que nin foi tan santo nin tan bo rei como se nos vendía.  O pacto de silencio nos medios públicos caeu ó chan cando saíu a luz o caso Noos.  Logo coas fotos da cacería de elefantes acelerouse a renuncia do Borbón. E as cousas empezaron a mudar, pois  aquelo que era extraoficial convirtíse en verdade, e a milleiros de cidadáns  caeulle a venda que lle impedía ver a realidade. O noso rei, o agora émerito, ten tras da súa andaina de xefe de estado un lado escuro como tantos mortais.  E, despois de sabelo, todos nos decatamos de que a lei non é igual para todos. Pois, como presumíamos, o monarca estaba e está por riba dela. Ou sexa, que segundo din os que saben destes asuntos  e as súas trampas, resulta que o home era  inviolable antes e parece que tamén o seguirá sendo.
 
Máis, a sociedade de hoxe non é a de hai cincuenta anos, e como hai que fíar máis fino, as preguntas saen a cachon como a  auga dunha fervenza. Pois, ter que tragar, a día de hoxe, de que un señor o que naide elexiu estea por riba de todos  e sexa inviolable, paracece, cando menos, un grande contrasentido, ou se o prefiren, unha anormalidade democratica. En todo caso, será inviolable cando exerza unicamente como xefe de Estado e xa lle chega ben.  En fin, diante iste panorama axiña aparece  outra pregunta: Cando as cousas de Estado están mesturadas coas cousas persoais que pasa? Eis a cuestión. Sigue a persoa sendo inviolable? 
 
Pouco futuro lle vexo a unha monarquía que non  se poña a altura dos tempos; unha  institución que non deixe de lado privilexios absurdos como o da inviolavilidade. Unha monarquía que nin xiquera exerce o papel de árbitro en cuestións de conflictos políticos serios, como os que ten o estado hoxe.   Vivimos moitos anos, por mor de pactos segredos, coa venda nos ollos. Pero ise tempo rematou, polo que,  a monarquía dos borbóns, ou  se adapta ás esixencias dos tempos ou pouco futuro xeneracional terá. E se non ó tempo.
 

O rei Juan Carlos nunha cacería de elefantes en África
O rei Juan Carlos nunha cacería de elefantes en África | Fonte: Rann Safaris
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com