Música enlatada

A renuncia a música en directo, non sei se por cuestións económícas ou por pura comodidade, impúxose dende hai uns anos en todos os festivais de música lixeira. Lonxe quedan aqueles certames onde músicos e cantantes se enfrontaban ó público temerosos dun erro deles ou da orquestra. A técnica permite moitas cousas, pero o seu exceso destrúe e minimaliza a capacidade artística e creativa dos que aínda ven e sinten a musica como un arte.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/05/2018

Comparte esta noticia
A verdade é que non chegaba dabondo con  que na maioría dos concursos televisivos e programas  con actuacións musicais fixeran uso e abuso deste xeito de presentarnos os grupos e as súas cancións. Se non que, no festival de Eurovisión tanén síguense  os mesmos pasos ou sexa:  acompañar ós cantantes coa música  que xa está gravada.  A tecnica actual ten moito de fantasía teatreira  e polo tanto nestes asuntos  hai moitas posibilidades  que permiten a  simulación da realidade. Esta maneira de presentarnos a música  é un tanto fraudulenta e  debo afirmar que a discrepancia é total, aínda que os que lle poñen voz, actúen en directo. Pero os acompañamentos son enlatados ou pre fabricados por empregar un termo case industrial pero actual, e iso restalle valor ó espectáculo.
 
Non hai moitos anos puden comprobar que, na maioría dos programas musicais incluíndo os televisivos, todo o que escoitamos foi  elaborado nun estudio  facendo as correcións cos programas  informáticos correpondentes. E así a  capacidade artística e dentro dela, os matices que lle dan sabor a unha interpretación, pasa  case a desaparecer, e a música en directo ó caixon do esquecemento. Vamos que, como foi o caso do festival eurovisivo, estamos díante un karaoque de grandes dimensións.
 
Recentemente asistin a un concerto de música onde os interpretes  simulaban que tocaban, e todo ía con normalidade ate que se foi a electricidade. Eles pararon e cando estaban falando empezou a música a tocar de novo e eles nas pavías. Todo un espectáculo e un ridiculo. Despois, tempo máis tarde, soupen que hai empresas que fan arranxos para orquestas das pezas do momento. Claro, tes que dicirlle cantos son os membros da orquestra e que isntrumentos teñen, e iles prepárano a medida do que pides. Logo ti pos a voz e os acompañantes  fan o paripé no escenario.
 
Por iso, se tivera que destacar algo no festival eurovisivo último, sinalaría unicamente a actuación  fora de concurso de Salvador Sobral, Caetano Veloso e o pianista. Pois eles si tocaron e fixérono todo en directo e ademais moi ben. O demaís, as outras cantigas, todas foron acompañadas con música enlatada toda semellante ós espectáculos de discoteca ó que se asemellou o festival. 
 
En fin, tristes tempos para aqueles que preparan un concerto; que estudían horas e horas para tocar en directo; e que  se emfrentan diante o público  sabedores de que un pode enganarse ou esquecerse dunha pasaxe. Que matizan e lle dan color ás interprtetacións, etc.  E digo triste, pois ás veces a música enlatada da o pego pero non é máis ca  un fraude en toda regla. Pero atención: fraude  ó que nos estamos habituando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com