Medo a perder o poder

Moitos din que o poder engancha e que cando o perdes sintes un baleiro que arrepía. E algo de razón teñen, pois parece que hai xente que leva moi mal iste asunto. Claro que isto acontece cando estás moitos anos montado no machiño e ate te fas a idea de que tal posición de mando che pertence de maneira indefinida. Mais nos tempos de hoxe, nos que todo camiña á velocidade de vértigo, todo é posible.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/06/2018

Comparte esta noticia
Pois acóstaste  cuns plans para unha semana e nese escaso tempo  troca todo  de maneira súbita. Deste xeito todo o planeado  muda  case sen ningún aviso,  polo que colles un cabreo monumental e buscas culpas para satisfacer o que consideras unha inxustiza  ou unha trama contra ti.
 
Pode que isto aconteza por  vivir arredado da realidade, ou vivir louvado polos teus,  sen escoitar a voz da rúa. Sí sen escoitar o laios, dos que manteñen a sociedade actual e pagan os impostos relixiosamente,  pero que xa non ven nos seus gobernantes ningunha referencia ética para seguir pagándoos. Pero que camiñan pola vida so mirando para o propio, pois deseperados xa non cren en ninguén.
 
Esta foi ao meu xuizo a causa  que permitiu unir forzas políticas dispares  para dicir ate eiquí chegamos.   E así porlle fin a un goberno que xustificaba o seu poder, e sentía saldadas as súa faltas e delictos cometidos polos seus durante tantos anos, sen ruborizarse. 
 
As urnas dán lexitimidade para gobernar, pero non son capaces de devolver a credibilidade polas  faltas de ética e honestidade no exercicio de administrar o público. As falcatruadas foron sancinadas polas urnas, pregoaban ós catro ventos os mandos populares.  Pero esta maneira de entender a vida pública  é un erro que á vista de milleiros de cidadáns considérase un fraude total. Por iso,  cando nas sociedades certos valores éticos son ignorados e saltados, pasa o que ten que pasar. E sempre hai quen se rebele.  
 
A todos os que se lle enchía a boca de falar da Constitución  como leis de leises, agora trinan e empregan mil calificativos para desprestixiar a nova maioría que auspiciou o cambio de goberno.  Pois ben, aplicando e seguindo o que di o referido texto   conformouse unha maioría lexítima para exercer o poder  e tentar que a ética volva presidir á vida pública.
Na Europa á que tanto ollamos incluso con agrado, por cousas moi pequenas, un cargo público electo dímite. Pero nesta España esa verba e esa ética poucos a practican. Eiquí xogase coa dialectica do: e tú máis co obxectivo de non cumplir e zafarse das responsabilidades.
 
Posiblemente pouco poderá facer o novo goberno do Sr. Sánchez, pero moitos cidadáns conformaranse con que lle  devolva a ética e honorabilidade ós que exercen o poder e gobernan o Estado. Pois sin credibilidade e sen uns principios de referencia no exercicio do poder, nada bo pode saír.
 
E se isto non o entenden os que ate de agora gorbernaron e que non entenden ren.
Que ninguén busque miragres no novo goberno,  pero xa era hora de que os que pagan impostos e manteñen o estado vexan nos seus gobernantes ética e pulcritude, e non atopen silencios, vaguedades e dirixentes que minten máis que falan.
 
Perder o poder, para os que se sinten donos del, como se fose parte do seu patrimonio, é un trauma e dalles arrepío. Cecais agora lle chegou o momento de que se rexeneren e entendan que máis que encherselle a boca falando de   España  teñen  que falar dos cidadáns que  son os que manteñen o Estado e elixen os seus gobernantes.

Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Un cidadán deposita o seu voto nas urnas durante as pasadas eleccións
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com