A xente sinxela é o modelo

Non busquedes modelos de persoas fora da xente sinxela, pode que haxa algún, pero poucos toparedes. A grande minoría que vive baixo tanto boato e poder, ten unha vida oculta que agocha moitas cousas negativas. Xeralmente non son modelo de nada bo, pois teñen un vivir farisaico e moi escuro.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 24/07/2018

Comparte esta noticia
Hai un par de semanas Agromadas salientou co premio Freire Carril a unha persoa sinxela que viviu con suma coherencia a súa fé  ademais  de estar ó servizo dos seus veciños. Unha persoa chamada para ser algo máis ca un crego de parroquia do rural, pero que por avateres da vida aceptou un destino, a modo de reprimenda,  sumamente humilde. E nel  serviu  ós demais e fixoo con suma elegancia, sacrificio e honestidade, pois viviu co xusto, pero esa vida non foi nova nin tivo eco na prensa. Evidentemente refirome a D. Miguel o crego de Parada de Oureiro. Mais  aínda que non o pareza  hai moitas máis persoas anónimas que, coma el, viven servindo os demais  na nosa sociedade.
 
Camiñamos por  tempos moi confusos nos que os modelos de persoas  que aparecen nos medios de comunicación e nas revistas especializadas ou da prensa rosa, resultan ser todos un fiasco, ou mellor dito unha gran trola.
 
Inevitavelmente a memoria  lembra a cantiga que escribiu  Enrique Santos Discéplo: Cambalche, cantiga dos  anos trinta do século pasado,  que sigue estando vixente na súa plenitude; dado que vivimos nun mundo onde parece que soamente se premia a riqueza e o éxito nos negocios a costa da ética, e o demais  nada importa. Por iso ó falar destes comisionistas  que amasan fortunas véñenme á memorias  unhas verbas que dixo o  Pujol, outro que tal baila: si se sega unha pola da ábore  caeran as demais
 
A ameaza non tiña desperdicio, pois deixaba caer que, na sociedade  actual a merda e os chanchullos hainos  en tódalas  intitucións e gobernantes. E nesas andamos. Pois os referentes que nos debuxaban como persoas e modelos a seguir, xentes  que salvaron ó país de non sei que maledicencia, son temas maiormente cheos de falsas historias que nos venden para entreternos. Monarcas corruptos e traficantes que pasan por boas e respectables persoas.  E nesta menestra de persoas louvadas   están moitos dos delincuentes, falsarios, estafadores, mentireiros  e ladróns.
 
Hoxe non hai referentes nin modelos. Xa non hai ética nin vergoña. Pois a peste abrangue dende  a titulitis universitaria  falsa, doutores honoris causa e as máis altas dignidades do Estado. Todo son mentiras e corruptelas.
 
Uns defraudan, outros son comisionistas, outros ladróns e por riba puteros. E no medio desta lea  está a pulcritude de moitos medios de comunicación empregando eufemismos como: “La intima amiga de...” no  canto de decir a querida do Borbón. Isto traéme á memoria un conto: Pepiño, un veciño coma ti é coma min, bebeu de máis, e dicián  está borracho como unha cuba. Mais si era unha autoridade ou un deses da alta alcurnia a frase  é outra: El señor está un poco mareado.
 
Canta mentira, canto fariseísmo temos que aturar e manter diante tanto patriota. E diante tal panorama a quen temos que tomar como referente? Que persoas son as que nos poden valer de modelo na vida? Pois queda claro: son aquelas que nos sirven e axudan a levar día a día  unha vida normal. Por iso afirmo que, en cada aldea, vila e mesmo na  cidade sempre hai espellos, persoas que podemos tomar como referencia na ética, na forma de vivir, na coherencia, no comportamento cos demais, etc. Pero  todos ises que nos venden e nos meten polos ollos como grandes servidores de patrias e asuntos diversos, maiormente son falsas imaxes, falsas persoas. Mellor dito,   imaxes adulteradas que viven agochando as súas vergoñas, Polo que queda clariño: a xente sinxela é o modelo que debemos seguir.
 

Manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com