Non sei si será porque as cantigas, pouco menos que feitas en serie e que sempre rematan con ritmos e esquemas semellantes, xa cansan. Ou si as músicas, maioritariamente adobadas de imaxes e moita e diversa escenografía para chamar a atención, tamén aburren, dado que son pezas que sempre empezan cunha introdución lenta, para logo rematar cun marcado acento de discoteca, ou si o prefiren, de chunda chunda.