Mentres Bárcenas acusa ó PP e os seus xefes, incluído o presidente actual, de financiamento ilícito e cobro de sobresoldos dende os tempos de Fraga, e os dirixentes populares lle chaman delicuente e din que non o coñecen o tal suxeto, o sr. Rajoy, despois de retirar ó ministro que fixo o traballo sucio na educación e nomear outro para adornar o consello, anuncia a baixada do IRPF nun punto e, como non podía ser menos, de maneira lineal. Para, desta maneira, anunciar que con esa medida empeza de maneira oficial a precampaña das xerais, a cal parece que xirará baixo a idea de que: Os populares, cumplimos o 90% das promesas que anunciamos cando chegamos ó poder hai catro anos.