Asesoracións verbais

Cada día que pasa aparecen nos medios novas relacionadas coa corrupción, tratos de favor, pagos sen xustificar ou asuntos encubertos que sinalan que algo podre se coce nas mans dos políticos, fundamentalmente os do partido do goberno. Son historias que cando se xustifican chaman poderosamente a atencións dos cidadáns. Claro que a todos estes representantes dos cidadáns éncheselles a boca de palabras de legalidade, de permisos de tal ou cal comisión, pero o certo é que estes señores parece que queren facernos parvos ou idiotas coas súas lerias.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/05/2015

Comparte esta noticia
O caso do cobro dos 354 mil euros do Sr. Trillo, exministro de defensa, do que segundo dixo non hai papeis que xustifiquen tal cantidade, e o do vociferante deputado  Sr. Pujalte 75.000 por asesoramento verbal cantan, por non dicir que desafinan grandemente. Ben sei que o congreso dos deputados ten un código ético, o cal queda en papel mollado coas autorizacións que os mesmos deputados se fan claro, por  comenencia propia.  Pois de non ser así non se entendería que o 70% destes deputados, que cobran un bo salario e teñen cantidade de prebendas, realicen   actividades paralelas  ó marxe das do  congreso.   E que 238 teñan funcións privadas, dos que  169 reciben retribucións económicas. E conste que non me refiro ás partidarias pois esas sería normais.
 
A verdade é que non me gusta chamarlle a esta xente CASTA  privilexiada, pero unha grande maioría actúa como tal. Pois, mentres a un funcionario se lle aplica a lei de incompatibilidades, a estes representantes públicos permítense  grandes bulas.
 
Mais o asunto motivo deste comentario esta relacionado coa xustificación dos cartos recibidos polos mencionados anteriormente.  Pois eles mesmos dixeron que recibiran esas cantidades como pago por faceren asesoramento verbal a empresas. Si, asesoramento verbal sen facturas? A ver se o entendo: asesoramento  que  se practica ou se fai tomando un café no bar cos amigos, ou máis confidencialmente na mesa xantando cun colega de negocios, para que  logo, esas empresas sexan beneficiarias de contratos coa administración, onde os informantes teñen bos contactos? En fin, nin que dicir que estamos diante un asunto non ético que roza a ilegalidade.  Por iso pregunto:  eticamente é defendible diante a cidadanía esta forma de actuar dun exministro e un deputado? Penso que non. Ademais estou seguro que nestes asuntos hai moita información privilexiada. 
 
Percibo que necesita unha gran parte da clase política unha fonda rexeneración, onde a ética sexa a guía para o lexislador.  Pois hai leis que por moi legais que sexan non deixan de seren inxustas e negativas para a sociedade. Polo que a ética e a moral, cousas distintas pero semellantes, teñen que ser a guía para facer as leis, pois son as que lle poñen freo a desmesura, a ambición  polo poder e a posesión de riqueza, a avaricia e finalmente  a comisión dos delitos.
 
O asesoramento verbal entendido como un consello, dánse nas familias e non se cobran; dánselle  ós amigos, etc. Pero cando se reciben esas cantidades de  cartos é que algo máis se agocha. Algo que incluso pode ser,  na lingua de Cervantes,  “Cohecho” ou se o prefiren Cofeito. O demais son xustificacións para despistar. Polo que queda claro que, na gran maioría da actual clase política, a ética non pesa nada de nada. Non existe.  Se non, estes e outros señores, xa terían dimitido dos seus cargos. Pero nesta España ninguén dimite e así nos vai.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com