Artigos de Emilio Martinez

Non todo é Laclau

Fai apenas uns días rematei de ler o libro “Por qué fracasan os países?. As orixes do poder, a prosperidade e a pobreza” (Editorial Deusto, 2012, Barcelona). Os seus actores, Daron Acemoglu e James A. Robinson son profesores de Economía no Instituto Tecnolóxico de Massachusets (o famoso MIT), o primeiro deles, e na igualmente famosa Universidade de Harvard o segundo. Anteriormente tiñan asinado conxuntamente outro best-seller da literatura económica: “Os orixes económicos da ditadura e da democracia” (2005), que non foi traducido polo momento ao galego ou ao castelán.

LUCAS 18:34; XOÁN 18:36

Nas eleccións xerais do ano 2000 o BNG obtivo os mellores resultados na súa historia nuns comicios deste tipo: mais de 300.000 votos, un 18,49% do total, e 3 deputados en Madrid. Dez anos antes non chegara á 48.000 votos, un 3,55%. En 1997 o BNG obtivo o 24% dos votos nas eleccións autonómicas, superando ao PSOE, que acadou os seus peores resultados, 19,46%, e 3 deputados menos que a forza nacionalista. Nas eleccións municipais de 2003 o BNG obtivo un total de 595 concelleiros, un 19,41 % dos votos. Estes resultados foron, e creo que é fácil chegar á conclusión, sustentados na confluencia de dúas circunstancias: unha primeira de orde interno e a outra derivada de erros de terceiros.

Aprendendo de The Big Theory

Nestes tempos abundan as reflexións sobre as razóns que fan necesaria a unidade da esquerda ante as próximas eleccións xerais.

Sobre alcaldes, cargos públicos e salarios

Hai uns días, nunha desas tardes de verán de choiva gastadas diante do ordenador, atopei por casualidade o blog de Pepe Luis López Bulla. Case ninguén a estas alturas, e por estes pagos, saberá quen é esta persoa.

Con quen cooperamos?

O taxi avanza a boa velocidade pola Avenida Mariscal Sucre, logo das retencións nos arredores de La Carolina. Ao taxista dígolle que vou á esquina do Estadio do Aucas, un dos equipos de fútbol da cidade, no cruce entre a Avenida Ruchicaca e Moromoro. Un dos símbolos de Quito vai quedando atrás, El Panecillo, coroado pola estatua da Virxe de Quito. Estou cruzando unha fronteira invisible entre o norte e o sur da cidade, tamén entre o norte e o sur dunha sociedade na que abundan as desigualdades, entre a avenida Gonzalez Suárez, na que se abraza o “American Way of Life” e as rúas do Barrio Sur, nas que un tense que abrazar, por necesidade, á esperanza de que o día de mañá sexa mellor que o día de hoxe. Estando no mesmo Quito, estando no mesmo Ecuador, estamos en dous mundos diferentes.

Feijóo brindará con champán

Xa quedan apenas tres semanas para as eleccións municipais e as diversas esquerdas, que deberían conformar unha maioría social, non foron quenes de sorprendernos cun grande acordo que sentara as bases para rematar coa hexemonía do Partido Popular en Galicia

Somos Brian

Cando en outubro de 1983 cheguei a Santiago para estudar Económicas facíache falta unha libreta de tamaño mediano para anotar todos os grupos da esquerda que pululaban polos campus. E iso que, polo que logo souben, non eran nin a mitade dos que xa foran nos anos xusto seguintes á morte de Franco.

Rasgándose as vestiduras

A estas alturas xa é imposible abrir un xornal e non atoparse con algunha nova relacionada con Podemos. Nunca positiva. O digan ou que non digan, o que fagan ou que non fagan vai provocar as máis aceiradas críticas dos partidos gobernantes e dos medios de comunicación que lle serven de portavoces.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.