Artigos de Xosé Lois Carreira

A corrupción do presidente

Da a sensación de que por fin apareceu o verdadeiro Feijoo. Por fin saíu do sarcófago do hermetismo ese auténtico animal político forxado perante tres décadas nun eido público pertencente a Fraga e ao Partido Popular, que non da Galiza ou moito menos dos galegos e galegas.

Tempos de conclaves

A pasada semana o Vaticano inauguraba a súa propia primavera da reconciliación coa dignidade, a pesar das poucas purgas e a totémica estética púrpura e ouro, facendo fincapé nunha inaprazable escolla pola humildade e austeridade de dúas figuras tan simbólicas como San Francisco e San Ignacio de Loyola. Dada tan delicada conxuntura de perda da fe ligada a propia crise da institución, deixáronse de andrómenas.

A soidade do home de palla

Pode semellar un paradoxo que a nosa sociedade occidental, masculina, branca e heterosexual, camiñe paseniño e soa, como perdida e desesperada, cara unha mestura de individualismo e indiferenza, como mulleres e homes de palla que van trepexando nunha realidade que xa lles resulta inabordable ao carecer das ferramentas axeitadas para a súa descodificación. Nin os partidos políticos ao uso son xa capaces de ofrecer respostas, ou mellor, de materializar solucións urxentes cando son as iniciativas lexislativas populares as que acadan notoriedade no Congreso español.

Unha nova irmandade política

Máis aló do contexto socio económico de extrema gravidade e por quitarlle ferro o delicado asunto, a odisea, de chegar a fin de mes co bandullo cheíño e con todos os recibos, cotas e letras pagas, a oportunidade real, semella que o minuto cero do cronómetro do rexurdimento do panorama político galego, tal como ven de lanzar Espazo Ecosocialista, que posibilite pensar e facer as cousas dun xeito máis civilizado e racional, chámase sinceridade. E que non hai outra.

Sobres de feldespato

Tal como fora anunciado polo BNG de Xinzo no pasado verán de 2012, confírmanse desgraciadamente e unha vez máis as peores sospeitas no canto de que a Xunta de Galicia poda finalmente autorizar unha explotación mineira de feldespato á ceo aberto nunha das veigas agropecuarias parceladas máis fértiles da comarca de A Limia, unhas 400 Has. que discorren a carón do río Faramontaos en proveito e rendibles ao 100% da súa superficie agraria.

Vida e milagres dun alcalde funambulista

Deixemos Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Lugo e poñamos que falo de Madrid, a capital deste reino travestido á campo santo de elefantes que vaga sen rumbo desde as marabillosas medidas económicas dos 6 millóns de parados (Rajoy 6-Zapatero 4), o tesoureiro corrupto que se beneficia da amnistía fiscal legalizando os sobresoldos en negro dos seus amigotes da cúpula do PP, polo conselleiro que privatiza a sanidade para logo fichar pola empresa que a xestiona, ata a glamurosa aristócrata alemana que tanto lle ten desflorar un monarca decrépito como ao seu atlético xenro troiano das finanzas, princesa mercadoría de luxe, non como as de Fernando León.

Do caciquismo clásico ao apartheid baltarista

Nelson Mandela di que ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, orixe ou relixión. Aprenden a un á facelo. E desde logo hai un amplo abano de alteracións ou trastornos da aprendizaxe e da conduta asociados a psique humana que discorren entre a invención do dereito de pernada do feudalismo medieval ata as máis feroces atrocidades do rexímenes autoritarios. Como o de Franco.

2013. Maioría absoluta, responsabilidade absoluta

Semella que Galiza para o PP está a converterse nun potente racha olas artellado para frear a contestación e a indignación cidadá que cada día emerxe con máis virulencia contra un Rajoy que xa o propio aparello popular sinala como medio amortizado. Toda vez superada a escollera en 2012, alancado o dique galego, adquirida unha nova prórroga da libertinaxe absoluta, máis osíxeno e tempo para seguiren aplicando reformas, recortes e duras medidas antisociais segundo a folla de ruta imposta polo Banco Central europeo, cúmprese o vello dito de que o que paga manda, ou sexa salvando a banca e os especuladores a toda costa, sempre en requesta dos máis débiles, o que non deixa de ser o cumio da sen razón e da mentira dado que foi precisamente esa ampla maioría social quen os puxo a gobernar.