Penso que á amplísima mayoría da xente non lle preocupaba nadiña a presenza de El Rei no acto do Consello do Poder Xudicial (CXPX) na Escola Xudicial de Barcelona o venres 25-S, xusto nestes intres de grave crise económica e sanitaria que habería centrar as nosas prioridades na saúde e nas cousas de comer. Porén, o noso xuizo a respecto da visita real non só habería ser de indiferenza, senón mesmo de oposición crítica, pois que as visitas do Xefe do Estado desque rematou o confinamento (Poblet-Catalunya, Compostela o 25 de xullo, Tui este día) o único que xeran son gastos esaxerados en seguranza e incomodos para a mobilidade da cidadanía, mentres xuntan só un pequeño fato de monárquicos entusiastas que adoitan vulnerar todas as medidas sanitarias.