Así o afirma Ana Pardo, delegada territorial da asociación Provivienda en Galicia, que asegura que "a realidade dos últimos anos pasa por un aluguer á alza e por unha escaseza de vivendas en aluguer, algo que está afectando sobre todo á poboación en situación de vulnerabilidade". E é que o 24,5 % dos galegos en pobreza adican máis do 40 % da súa renda dispoñible a gastos de vivenda. No 2022 aumentaron os fogares con retrasos no paso dos gastos ata o 9,4 %.