O iris é unha información moi sensible, unívoca e que se mantén inalterable ao longo do tempo. Almacena parte do ADN dunha persoa e a súa venda implica que poida ser hackeada xa que hai dúbidas en torno ao rigor da custodia destes datos, a anonimización da información e o interese comercial do proxecto.