O alcalde, Abel Caballero, xa deu a coñecer os candidatos a galardón por parte do goberno local: dobre Medalla da cidade para a Cooperativa de Armadores (ARVI) e A Fe Seguros.
Alfonso Rueda reclamou no Foro Ancares de Ponferrada que o modelo de financiamento autonómico estea rexido por "unha solidariedade básica" que permita "especialmente a Galicia e a Castela e León" a prestación de servizos públicos "iguais que no resto de España".
  comenta   0
O BNG pide ao Goberno aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.
O persoal que traballa na área do paritorio, quirófanos, urxencias xineco-obstétricas e planta de obstetricia remitiron un comunicado á dirección do Complexo Hospitalario de Ourense no que denuncian obras que non rematan nunca, suciedade e falta de hixiene no lugar de atención ás pacientes e tamaños reducidos e falta de servizos das habitacións. Dende Sanidade aseguran que están traballando na mellora da unidade.
  comenta   0
"A pesares de estar habilitado un desvío debidamente indicado, estamos a sufrir un tráfico de vehículos excesivo e a unha velocidade inapropiada, que pon en risco aos veciños, na súa maioría maiores de 60 anos e coa mobilidade reducida", denuncia Vanessa, unha veciña da aldea de Vilariño. Dende o Concello pedíronlles que teñan coidado ao saír da casa mentres duren as obras, é dicir, durante 2 ou 3 meses.
  comenta   0
En cinco días esborrallou unha ponte en Ourense, derrubouse parte dunha infraestrutura aberta hai menos dun ano na Coruña e un desprendemento pechou outra estrada en Ourense. A Xunta está utilizando fondos da UE para o cambio climático para tentar arranxar os derrubes nas estradas mentres apunta a motivos exóxenos a maior parte dos colapsos.
  comenta   0
Cae parte dunha ligazón da Vía Ártabra en Oleiros, inaugurada pola Xunta hai menos dun ano. A pasada semana caía unha ponte da OU-536 en Xunqueira de Espadanedo que Infraestruturas dixo que foi por "un defecto de construción do século XIX".
A derriba completa do inmoble, situado no número 37 da rúa Carlos III, é o paso previo á retirada do entullo, que durará dous días.
  comenta   0