Segundo gran esborralle dunha obra viaria da Xunta en menos dunha semana
Cae parte dunha ligazón da Vía Ártabra en Oleiros, inaugurada pola Xunta hai menos dun ano. A pasada semana caía unha ponte da OU-536 en Xunqueira de Espadanedo que Infraestruturas dixo que foi por "un defecto de construción do século XIX".