O programa deste ano deseñouse, ademais, como unha homenaxe á historia recente da música tradicional galega. Tras unha actividade na que se honrou a traxectoria de Fuxan os Ventos, o sábado 28 preséntase como o día grande que contará cunha alborada-vermú e obradoiro de baile a cargo de Xisco Feijoó, e concertos de Maricarme e Mercedes Peón.