Recén incorporado ao galeguismo sendo un mociño, disto hai xa ben anos, recibín un agasallo que viña de Buenos Aires. Eran dous tomos da obra “Los Gallegos en la Argentina” de Alberto Vilanova que recibira en 1957 o premio de Historia no Concurso extraordinario de 1957, celebrado para conmemorar o cincuentenario da fundación do Centro Galego daquela cidade porteña. A obra está prologada por Claudio Sánchez-Albornoz.