Naturgy asina con IBM un 'megacontrato' para impulsar a súa transformación dixital

Por E.P. | Compostela | 20/06/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Naturgy asinou un 'megacontrato' de dez anos de duración coa compañía tecnolóxica IBM para desenvolver unha estratexia de nube híbrida que dea soporte a unha rede flexible e segura, un acordo co que o grupo enerxético busca impulsar a súa transformación dixital, segundo informaron as empresas nun comunicado.

Fontes do mercado indicaron a Europa Press que este contrato se pode valorar nuns 2.000 millóns de euros durante a súa década de vixencia. No entanto, o importe podería ir ampliándose dependendo da adxudicación de servizos a externalizar pola enerxética con que se faga a tecnolóxica.

As compañías sinalan que grazas ás vantaxes da nube híbrida, Naturgy terá as bases para transformar dixitalmente tanto as súas operacións internas como os seus procesos de interacción co cliente, creando así unha nova contorna tecnolóxica que lle axudará a adaptarse ao consumidor actual, caracterizado polo seu dominio do mundo dixital e por ser máis esixente nas súas demandas.

A este respecto, Naturgy e IBM agregan que este novo escenario ofrece novas posibilidades de autoservizo e unha maior transparencia e flexibilidade de tarifas no seu consumo enerxético.

Segundo os termos do acordo, Naturgy aloxará os datos estratéxicos da rede nunha nube privada e contará coa flexibilidade engadida de podela integrar rapidamente con calquera nube pública, para crear aplicacións de Intelixencia Artificial (IA) que lle permitan monitorala.

O acordo entre as dúas empresas inclúe tamén a creación dun hub de innovación que permite a Naturgy acceder directamente a IBM Research, a organización de investigación de IBM que explora novas e disruptivas aplicacións tecnolóxicas utilizando a IA de IBM, Internet das Cousas (IoT) e blockchain.

Naturgy (Gas Natural)
Naturgy (Gas Natural)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta