O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
Salvador Monteagudo é un galego que leva media vida vivindo nunha vila de Manhattan próxima á cidade de Nova York e que nos dá a súa visión sobre o que impulsou a Trump a unha vitoria tan abafante, e contra todo prognóstico, fronte a Kamala Harris.
  comenta   8
Non se pode descoñecer a crecente importancia das dinámicas que se rexistran no escenario internacional na evolución da situación social e política dunha parte relevante dos Estados actualmente constituídos. Cando se vivía nun mundo basicamente bipolar, a lóxica da confrontación entre o bloque encabezado polos USA e o que pilotaba a URSS diminuía substantivamente a marxe de autonomía das políticas desenvolvidas no seo dos distintos países dun ou doutro bloque. Hai 40 ou 50 anos, todo resultaba mais previsíbel e a grande maioría dos gobernos xa tiñan codificadas as respostas que debían dar aos feitos que acontecían na area internacional.
  comenta   0
A persoa vicepresidenta dos USA ten, constitucionalmente, moi poucas funcións. Só as de substituiren á persoa presidenta no caso de incapacidade, demisión ou morte e presidiren o Senado con voto cualificado no suposto de empate.
  comenta   0