O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, comunicou ao ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, que se suspende a reunión que ambos ían ter o vindeiro luns, 7 de setembro, para tratar a crise migratoria que afecta a Canarias, ao acusar o Executivo de "rexeitar a axuda" da Unión Europea para afrontar esta situación.
  comenta   0
Preto dun cento de persoas concentráronse desde as 19.00 horas deste xoves en Ferrol para reclamar o indulto para o exsindicalista Xesus Anxo López Pintos nunha mobilización convocada polas organizacións CIG, CCOO, CGT e UGT e que se desenvolveu ante o edificio da Xunta, na praza de España.
  comenta   0
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia “deplora o feito de que as desavinzas entre os distintos partidos permitan que continúe en vigor unha normativa que día tras día segue a lesionar os intereses da profesión”.
  comenta   0
A Delegación do Goberno viría de dar por bo un informe policial no que se nega o deber dos cargos públicos de falar en galego a pesar da existencia de lexislación que di o contrario.
  comenta   2
A Coruña, Santiago e Pontevedra únense a unhas marchas estatais contra a Lei Mordaza, demandando ao Goberno de coalición que recupere integramente os dereitos civís perdidos coa regulación de 2015.
  comenta   0
O dono podería ser multado grazas á Lei Mordaza porque a arma, malia estar moi oxidada, aínda dispara.
Un total de 26 organizacións demandan que o PSOE e Unidas Podemos se boten atrás no que consideran "un paso adiante na consolidación da cultura de abuso de poder e impunidade denunciada polo Consello de Europa".
  comenta   0
Cargos da cúpula do partido conservador apoiarán o mércores as concentracións de Policía, con Pablo Casado á cabeza.
  comenta   0
A Policía Local de Redondela denunciou a un veciño por acudir á gasolinera sen o depósito vacío. Denunciou o feito en redes sociais e os axentes aplicáronlle a Ley de Seguridad Ciudadana" tamén coñecida como "Lei Mordaza".
Tamén prevén auditar os bens expoliados polo franquismo e retirar a simboloxía franquista dos lugares públicos.
  comenta   2
Xunto ao resto de representantes, levará á axenda do encontro cuestións como a Lei Mordaza, os dereitos lingüísticos, ou o veto ao acceso a documentos relacionados coa a ditadura, entre outras.
  comenta   1
Sempre defendín nas redes sociais de Podemos, e tambien en reunións presenciais, tamén ante os incondicionais de Pablo Iglesias, (o cal me supuxo recibir dos máis variados insultos e descualificacións), que Podemos debía de exercer de control do goberno desde fóra do goberno, e que non entendía ese ansia por un pacto co PSOE..
  comenta   0
Podería ser que España, ese “land alemán que tolea por falar inglés”, estivese a madurar cara a unha autocracia? Pois tendo en conta que esa ditadura, caso de vir, non será das antigas, de xeneral bigotudo de a cabalo, senón unha tocquevilleana ditadura de veludo, postmoderna, de panópticon, “Silicon Valley-style”, podería ser que si; e ata poderíamos xa ter un pé nela pois estas cousas nunca son tan de súpeto. Pero tampouco se pode desbotar que, ademais do evidente incremento do poder e da diminución das liberdades, estiveramos diante de algo máis, por acaso, un histórico cambio de paradigma.
  comenta   0
O Bloque rexistra unha Proposición Non de Lei (PNL) para que casos como o dos sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez "non se volvan a repetir".
  comenta   0
Este grupo de hip hop sacou á luz o seu último traballo, Silencio, un tema que reflexiona sobre a liberdade de expresión e o comportamento dunha sociedade que “Orwell non se imaxinou”. É a presentación do LP que publicarán en primavera e para o cal traballan dende Ordes, unha forma de rachar cos prexuízos que atan este tipo de música ás cidades e de crear cultura alí onde non hai tanta oferta.
  comenta   2
As sentenzas contra os artistas Valtonyc e Pablo Hasél abriron o debate sobre a liberdade de expresión no estado. Para algúns músicos galegos isto é a maneira de repartir medo entre o colectivo frente á impotencia do goberno por controlar as redes sociais.
  comenta   2
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia acusa o alcalde de Vigo de utilizar a Policía Local contra eles mediante denuncias e presións.
  comenta   2