Nieves Villar loita para que o seu fillo, enfermo de leucemia, teña unha atención educativa domiciliaria. “Eu aquí non veño polas horas do meu fillo se non polas horas de todos os fillos enfermos ou que poden estalo”, dixo ás portas da Xunta tras non ser recibida polo conselleiro.