O programa deste ano deseñouse, ademais, como unha homenaxe á historia recente da música tradicional galega. Tras unha actividade na que se honrou a traxectoria de Fuxan os Ventos, o sábado 28 preséntase como o día grande que contará cunha alborada-vermú e obradoiro de baile a cargo de Xisco Feijoó, e concertos de Maricarme e Mercedes Peón.
  comenta   0
Faino por compartir unha paixón que ten desde neno e por ser a música tradicional "a baza máis forte para poder conectar coa xente maior".
  comenta   0
O Festival Pardiñas, en Guitiriz, convida a empaparse de música, tradición e cultura galega do 2 ao 4 de agosto. Como cada ano, ademais do completo cartel de concertos, haberá Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, Mostra de Artesanía, Recital Poético, Aberto de Billarda e outras actividades paralelas.
  comenta   1
Protagonista da homenaxe foi a artista Felisa Segade, que interpretou música tradicional cunha selección de músicas e fotografías do APOI do Museo do Pobo Galego recollidas por Dorothé.
Será os días 29, 30 e 31 de marzo, contará con 14 adegas expositoras e unha programación na que primará a música tradicional. O pregón deste ano correrá a cargo de Afra Blanco, coñecida colaboradora de televisión con raíces no Nocedo.
O acordeonista vasco Kepa Junkera será homenaxeado na XXI edición do Festival de Cans. O motivo da homenaxe, que terá lugar o 22 de maio, é o recoñecemento do impacto e a dimensión dun "músico extraordinario", encargado de darlle á música tradicional unha proxección universal, ao que un ictus sufrido en 2018 obrigou a abandonar os escenarios.
Cando en 1978 chegou a Galicia a musicóloga suiza Dorothé Schubarth coa pretensión de percorrer os lugares máis recónditos do país e procurar informantes para facer un inventario da música tradicional galega, no país estábanse a producir grandes cambio sociolóxicos.
  comenta   0
Será este 30 de setembro no Centro Cultural do Picouto no Concello de Ramirás e servirá tamén como acto de apertura do curso 2023-2024.
  comenta   0