O programa deste ano deseñouse, ademais, como unha homenaxe á historia recente da música tradicional galega. Tras unha actividade na que se honrou a traxectoria de Fuxan os Ventos, o sábado 28 preséntase como o día grande que contará cunha alborada-vermú e obradoiro de baile a cargo de Xisco Feijoó, e concertos de Maricarme e Mercedes Peón.
  comenta   0
Haberá unha ampla programación divulgativa e cultural este sábado 20 de abril. En xornada de mañá na Casa da Memoria de Xullán, en Bóveda; e en xornada de tarde na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón. Coñecemos ao detalle as actividades.
'A Cabeleira' foi publicado inicialmente en 1995 en catro linguas: o orixinal en galego, e traducións de Olga Novo ao castelán, Diana Conchado ao inglés e María Lopo ao francés. En 2015 editouse en 60 idiomas e, actualmente está editado en 70 linguas do todo o mundo.
  comenta   0
Tres días de actividades, do 22 ao 24 de setembro, para exaltar a música galega de raíz e outras manifestacións culturais como o baile, o circo e o teatro. Na noite de concertos do sábado 23 actuarán Abril, Xurxo Fernandes e Mondra.
  comenta   0
Dúas interesantes actividades lévannos a anotar na axenda os días 26 e 27 de marzo para achegarnos á vila do Arnoia. Unha xornada poética, ‘Ponme un poema!, para o sábado tarde, e a proposta escénica ‘Divas de Diván’ programada para o domingo.
  comenta   0
A exdeputada de En Marea Paula Vázquez Verao acaba de poñer en marcha un interesante proxecto cultural, unha tenda-libraría, á semellanza da do Prado, para dinamizar a vida cultural de Proendos, en Sober.
O CCG tenta dar resposta á orixe dunha das paraxes máis impactantes de Galicia cunhas xornadas na Pobra do Brollón.
'Tigres coma cabalos' é máis que un poemario. É toda unha declaración de intencións dunha poeta que ía máis alá da escrita para reivindicar, a través de corpos nús e poesía, a radicalidade, diversidade e sensibilidade.
  comenta   1
Diferentes autoras repasan a obra da homenaxeada no Día das Letras e reivindican o valor demostrado á hora de transitar os seus propios camiños.
  comenta   0
Será a partir do 16 de febreiro, día do nacemento do poeta. Na homenaxe participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira ou Martiño Rivas, xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición ou a educación.
  comenta   0