O derradeiro día do ano 406 d. C. un exército de vándalos, alanos e suevos, pobos bárbaros para os romanos, cruzaron o Rin, a fronteira norte dun imperio en decadencia. Tomaron rumbo ao Sur, á Galia. Apenas catro anos despois, en 410, o dirixente vándalo Alarico saquearía, por segunda vez na súa historia, Roma. Non pasaran sequera 50 anos e os mesmos vándalos, capitaneados por un novo líder, Genserico, cruzaron o Mediterráneo, dende a actual Tunisia, e arrasaron, outra volta, a chamada “Cidade Eterna”.
  comenta   0
O sindicato CIG destacou que, tras meses de negociación e das 28 xornadas de folga previas, a empresa "non só continúa sen achegar unha proposta de incremento salarial digna, senón que nas últimas semanas mesmo a empeorou, presentando unha oferta que practicamente suporía deixar as retribucións de 2024 conxeladas".
  comenta   0
Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios desta empresa xa recolleron un total de 884,2 toneladas de lixo.
Durante a xornada deste venres, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade recolleu un total de 84 toneladas de lixo orgánico e inorgánica, sen incidencias.
Así o expuxo a alcaldesa, Inés Rey, en rolda de prensa na que, sobre as vivendas proxectadas, remarcou que non é unha "competencia propia", pero que se fai dentro dos recursos municipais para "paliar a ausencia de investimentos suficientes por parte de quen si ten esas competencias e non inviste na cidade", sostivo sobre a Xunta.
  comenta   0
O comité de empresa argumenta que os camións están obsoletos e di descoñecer a autoría dos ataques vandálicos das últimas semanas.
  comenta   0
A alcaldesa da Coruña declarou a emerxencia sanitaria e contratou á empresa Tragsa para reforzar o servizo de recollida.
  comenta   0
Ducias de tuiteiros lembran as mellores frases do escritor cando se cumpren 16 anos do seu falecemento.
CCOO critica a resolución da Xunta sobre a liberdade horaria de establecementos. A CIG pide que parques eólicos só traballen para garantir o funcionamento dos aeroxeradores. O Concello de Ferrol pide colaboración para evitar contaxios a través recollida do lixo. Animalistas denuncian multas por alimentar a colonias felinas e reclaman un 'salvoconduto'. Pola súa banda, Naturgy facilita a máis dun millón de clientes en Galicia asistencia médica gratuíta por videochamada.
  comenta   0
Xulio Ferreiro espera ter noticias a semana que vén segundo dixo na presentación do proxecto de innovación bibliotecaria e participación cidadá "A Eira".
  comenta   0
Xulio Ferreiro tamén fixo mención á paralización da baixada do bus urbano. Cre que non se dan "as condicións para a suspensión cautelar do acordo".
  comenta   0
A recollida de lixo pola noite é un fenómeno que “se sabe, pero non se ve” moitas veces. Galicia Confidencial quixo coñecer algo máis os traballadores e traballadoras deste servizo na cidade de Santiago. Cunha xornada laboral que comeza no polígono do Tambre e na rúa Pitelos, estas persoas fan un traballo que, cos anos, foi cambiando e mesmo hoxe en día ten unha maior aceptación social que décadas atrás.
  comenta   0
O colectivo de traballadores e traballadoras da recollida e reciclaxe do lixo conforma un segmento laboral cunhas características propias. Existen ideas preconcebidas e sobre todo, un descoñecemento moi amplo sobre as tarefas que desenvolven, así como das normas, convenios e as doenzas profesionais que máis inciden sobre a súa saúde.
  comenta   0