José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.