Cando Madrid afundiu a Fraga e a todo o sector galeguista do PP co Prestige

Un informe realizado polo Goberno de Madrid en plena crise do Prestige fala dun Faga superado "físicamente" e "dun proceso de sucesión tardío y mal controlado" sobre a división interna entre os da boina, representados porXosé Cuíña, e os do birrete, representados por Romay Beccaría. E dá consellos de como o PP de Madrid ten que tomar o poder no PP de Galicia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/11/2022 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Se percibe la idea de que las condiciones físicas del presidente se contradicen con la necesaria eficacia en la gestión del problema, en un proceso en el que la apariencia personal trasluce la idea de desbordamiento político que los analistas le atribuyen a la Administración".  Así describía a situación da Xunta de Fraga un informe realizado uns meses despois do afundimento do Prestige e encargado polo Goberno central, entón en mans de José María Aznar.

Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga
Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga | Fonte: xunta.gal

O PP de Madrid e, nomeadamente, o propio Aznar e o seu equipo "galego" de confianza, con Mariano Rajoy e José Manuel Romay Becaría á cabeza, estaban moi descontentos co papel da Xunta durante as primeiras semanas do desastre. Falan de "caos" no PP galego e da imposibilidade de Manuel Fraga, entón presidente galego, por controlar a situación interna do PP de Galicia.

Fraga estaba xa na súa cuarta maioría absoluta e había xa moitas voces que pedían o seu relevo. Un relevo no que había dous sectores claramente diferenciados; os da boina e os do birrete. Os primeiros do sector máis galeguista do PPdeG liderados polo entón conselleiro de Obras Públicas, Xosé Cuíña. Os segundos máis proclives ao centralismo de Madrid e cuxa figura destacada en Galicia era Enrique López Veiga, entón conselleiro de Pesca. Un sector liderado en Madrid por Romay Becaría, ex conselleiro de Sanidade nos primeiros gobernos de Fraga.

“Un goberno frágil y con contrapoderes internos”, recolle este documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial no que se fala directamente das diferencias que existían dentro do Executivo galego entre os que criticaban o peso e a intervención de Madrid no conflito e reclamaban unha maior autonomía, encabezados por Xosé Cuíña, e os que apoiaban sen fisuras a posición de Madrid, especialmente, Enrique López Veiga e Xesús Palmou.

FRAGA NO CENTRO DO PROBLEMA

De feito, este documento amosase moi crítico coa figura de Manuel Fraga, a quen se acusa de non saber manexar ben a situación. "En sólo dos semanas pasó de representar las virtudes del trabajo y la intermediación eficaz a aparecer como un elemento pasivo, más preocupado por mantener el equilibrio interno de poderes en el PP local que por defender los intereses de Galicia".

Xosé Cuíña conversa con Manuel Fraga en presenza de Feijóo
Xosé Cuíña conversa con Manuel Fraga en presenza de Feijóo | Fonte: EFE

"Se percibe la idea de que las condiciones físicas del presidente se contradicen con la necesaria eficacia en la gestión del problema, en un proceso en el que la apariencia personal trasluce la idea de desbordamiento político que los analistas le atribuyen a la Administración", recolle o documento.

O informe vai máis alá e suliña, moi visualmente que, "el hundiminto del Prestige está haciendo aflorar la idea de que el PP vive un proceso de sucesión tardío y mal controlado, que aparenta estar dirigido por Manuel Fraga, pero que en realidad responde a una lucha entre algunos barones que se disputan ya el post-fraguismo". Por iso, advirte que en ese contexto "se hace muy difícil" a recuperación do liderato político e social.

CUÍÑA, NO CENTRO DA DIANA

O informe, claramente orientado desde Madrid, mesmo vai un paso alá ao criticar a Cuíña e ao ex conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, pola súa "práctica desaparición a pesar de ser los más implicados", mentres que "la responsabilidad se deriva hacia la Fundación Arao y la conselleira Corina Porro", que representaba a outra facción do goberno galego. 

E é que a traxedia do Prestige provocou un terremoto no PP de Galicia. Nese momento, unha parte do partido critica duramente que a xestión da catástrofe a leve directamente Madrid e que a Xunta funcione como mera "sucursal" das decisións de Génova. No segundo día do accidente, o director xeral da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, ao servizo directo do entón ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos, faise cargo da situación. A súa consigna é "enviar el barco al quinto pino". O conselleiro López Veiga ponse a súa enteira disposición.

Desde entón, as decisións erróneas de Madrid provocan tensas situacións entre os membros do Goberno galego. O sector de Cuíña, que nun primeiro momento ten o apoio de Fraga marca distancias. O presidente anuncia cambios no seu executivo para nomerar a Xosé Cuíña como vicepresidente. Este vese con forza e amaga con non atender as ordes de Madrid. 

 

É na semana do 1 ao 7 de decembro de 2002, cando Cuiña -co respaldo de Jesús Pérez Varela, Aurelio Miras e Juan Miguel Diz Guedes- defende "maior distancia" co goberno de Aznar e o PP español na crise do "Prestige" para deixar patente que os populares galegos contan con autonomía propia

 

Tras esta manifestación no Consello, celebrado horas despois de a manifestación de 200.000 persoas en Santiago, a actuación de Cuiña seguiu nunha reunión do partido e na Comisión de

Emerxencia, onde se acordou "romper" con Tragsa e Madrid. Mesmo mobilizou a empresas galegas para acudir a limpar o chapapote ás praias. López Veiga avisa a Madrid de que hai unha "revolta" encabezada por Cuíña. 

 

E Madrid toma cartas directas no asunto. Xesús Palmou, entón secretario xeral do PPdeG, convence a Fraga para que a Xunta siga actuando ás ordes do Goberno central. A partir de entón, o PP impulsou a presenza de ministros e altos cargos en Galicia e o propio Aznar acode, o 22 de decembro de 2002, a Galicia para comer con Fraga en privado e analizar cambios no Goberno galego. Nese momento, o futuro do sector da boina queda decidido.

 

CESE DE CUÍÑA

 

Aznar pide un informe a Palmou sobre a crise do Prestige. A súa exposición concluíu coa

declaración do presidente español na que manifestou que coincidía con el en que o "partido debe tomar o protagonismo" en Galicia, ademais de aseverar que el estaba disposto a sacar de "detrás das pedras" a aqueles que se esconderon en Galicia". Ademais de López Veiga, apoian a Palmou os conselleiros de Presidencia, Jaime Pita Varela; Economía, José Antonio Orza, Industria; Juan Rodríguez Yuste e  Asuntos Sociais e Familia, Corina Porro.

Curiosamente, pouco despois da realización deste informe, Fraga cede ás presións de Madrid e releva a varios dos seus conselleiros, entre eles, Cuíña e del Álamo.  Tamén aproveita para cambiar ás conselleiras de Asuntos Sociais e Familia, Corina Porro e a de Asuntos Sociais, Manuela López Besteiro, así como o de Xustiza, Antonio Pillado.  Cuíña e del Álamo foron defenestrados, mentres que para Porro e López Besteiro, do sector do birrete, buscouselles ás candidaturas ás alcaldías de Vigo e Lugo. 

A marcha de Cuíña veu acompañada pola chegada ao importante departamento de Obras Públicas de Alberto Núñez Feijóo, entón responsable de Correos. Unha chegada propiciada polo propio Romay Becaría, á que lle deu o visto bo Mariano Rajoy, entón vicepresidente, e o propio Aznar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta