"Estou convencido de que --Xosé Cuíña-- somatizou moita dor de todo o que lle causou esta circunstancia. Non o digo en termos científicos, senón o que vimos moitos na familia, que o que lle fixeran era unha inxusticia e entón todo aquel mundo que creara durante anos, desmoronouse", asegura o fillo de quen era chamado a ser o sucesor natural de Manuel Fraga e que foi defenestrado por Madrid.