Inés Rey instou a "algunhas forzas políticas" a aplicar "máis pedagoxía e menos demagoxia" e a non "terxiversar o que di a lei", en relación a argumentos centrados en ocupacións de vivendas.
Miguel Corgos fixo fincapé na necesidade de "medidas no campo tributario" co obxectivo de "rebaixar o custo do acceso á vivenda tanto para a construción de vivenda pública como privada e o acceso habitacional abaratando os alugueres".
  comenta   0
A carga media do aluguer supera o 30 % da renda media dos fogares e o seu prezo subiu máis de tres puntos respecto ao IPC, segundo un estudo da UDC encargado polo Goberno local para presentar a solicitude ante a Xunta.
Sobre a declaración de mercado tensionado, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, indicou que a Xunta está "en contra do intervencionismo no mercado do aluguer".
  comenta   0
A rexedora destacou que o acceso á vivenda é "un dos principais retos da cidade", cunha demanda crecente reflectida nas 3.367 persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.
A rexedora apuntou que "do que se trata é de que todas as administracións, con competencias ou non, como é o caso do goberno municipal, pero con preocupación polo problema da vivenda podamos empezar a dar solucións a algo que preocupa enormemente aos españois".
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que os inquilinos, cos cálculos estimados polo consistorio, "aforrarían ao redor dos 450 euros de media ao ano no seu aluguer". "Pero é que os propietarios poderían desgravar ata o 90 por cento da renda", sinalou apuntando á bonificacion no IRPF.
A Xunta sinala que, ante a "falta de claridade" no procedemento establecido polo Goberno central, detalla os pasos seguir por parte dos concellos, que deben avalar con documento e estudos técnicos a súa solicitude
  comenta   0