VOTA | Quen é culpable do fracaso da investidura de Pedro Sánchez, Podemos ou o PSOE?

Aprobas a abstención dos de Pablo Iglesias que impide a conformación do Goberno de España?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/07/2019 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

España seguirá cun Goberno en funcións, ante o bloqueo que se mantén no Congreso dos Deputados para investir ao líder dos socialistas, Pedro Sánchez. Unidas Podemos tiña a chave para desbloquear a situación, pero decidiron non facilitar a investidura de Sánchez cunha ambigua abstención que non soluciona nada e que alimenta as esperanzas da dereita e ultradereita para repetir eleccións e tentar configurar un goberno ultraconservador.

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.

Podemos rexeitou a última proposta dos socialistas, que lles cedían unha vicepresidencia de carácter social e tres ministerios: Vivenda e Economía Social, Ministerio de Igualdade e Ministerio de Sanidade e Consumo. Tres carteiras de gran calado social e que están relacionadas co eixo do discurso programático de Podemos, pero que a dirección deste partido considera "baleiros de competencias", en palabras de Pablo Echenique, que dirixiu as negociacións de Podemos co PSOE.

Recriminados tamén por socios preferentes de Podemos como ERC e EH Bildu, ademais de por amplos sectores da esquerda, os de Pablo Iglesias non cederon e coa súa abstención evitaron a investidura de Sánchez e a conformación dun goberno de coalición progresista. É a segunda vez que Iglesias lidera o bloqueo a un goberno socialista, logo de rexeitalo en 2016.

Con todo, desde Podemos tamén envían duras críticas ao PSOE, ao que acusan de ofrecerlles ministerios "baleiros de competencias", algo que a priori resulta paradoxal, tendo en conta que as carteiras ofrecidas están no eixo programático dos morados. Os de Iglesias reclamaban, entre outros ministerios, o de Traballo, malia ter un terzo menos de deputados que o PSOE, e acusaron os socialistas de "falla de respecto" a un grupo confederal que suma 3,7 millóns de votos.

GC quere coñecer a opinión dos seus usuarios sobre este novo fracaso da política española e, en particular, da esquerda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 El puto Jefe

Unas nuevas elecciones en Noviembre y caiga quien caiga ,pero al menos dejarán claro quien tuvo la culpa.Además tal como se planteó con una lucha clara por los cargos,la sentencia del pueblo,aunque haya cabreados que no voten, será definitiva,sin que nadie nos interprete ni me explique quien tuvo más culpa,no necesito esa explicación.