Por Europa Press / Redacción | Cambre | 05/08/2019 | Actualizada ás 19:09
O portavoz nacional de Anova e viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, esixiu á Xunta unha "solución" para os veciños das vivendas da Patiña, en Cambre (A Coruña), ante a ameaza de desafiuzamento dos residentes nestas vivendas.
Xunto cos veciños, Sánchez avanzou que en setembro levarán ao Parlamento galego unha iniciativa sobre a situación destas persoas, despois de que un fondo, dedicado á comercialización de vivendas propiedade de bancos, asumise a xestión.
Da situación dos veciños da Patiña, o parlamentario asegurou que son "unha mostra máis da política criminal dos diferentes gobernos". Mentres, acusou á Xunta de "porse ao lado da especuladores fronte ao dereito á vivenda de toda a cidadanía".
"É escandaloso que unhas vivendas feitas en parte con fondos públicos, a mediados dos anos 90, acaben en mans dun fondo voitre que se aproveita das facilitades de diferentes leis polos gobernos para facer negocio".
Pola súa banda, os veciños argumentaron que a protección oficial destes pisos era por 30 anos, "pero a Xunta di que en 2017 deixou de ser vivenda pública, pero non o din por escrito", remarcaron. Ante a ameaza de desafiuzamento, esixiron á Xunta que "se poña a traballar nunha solución" que impida que perdan as súas vivendas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.