O aeroporto de Santiago, o máis barato para aparcar

Estímase que, durante esta operación retorno, pasen ao redor duns 30 millóns de pasaxeiros por todos os aeroportos do Estado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/09/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O aeroporto de Santiago de Compostela ten os prezos máis económicos para aparcar durante a operación retorno, con tarifas que van desde os 4 aos 10 euros, segundo un estudo de ElParking.

Vista aérea do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela
Vista aérea do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela | Fonte: arquitectura gallega

Valencia, Alicante e Murcia seguen á capital galega, con tarifas mínimas de 6 euros por unha reserva previa de 8 horas nalgúns dos seus estacionamentos. A continuación, atópanse Palma de Mallorca e Málaga (7€); Forteventura, Zaragoza e Melilla (8€); Jerez, Santander, Pamplona e Valladolid (9€); A Coruña, Reus, Vigo, Xirona, Eivissa e Gran Canaria (10€); Asturias, Almería e Lanzarote (11€); Granada, Tenerife, San Sebastián, Sevilla e Menorca (12€).

Pola contra, os tres aeroportos máis caros para aparcar son o de Bilbao, cunha tarifa de 16 euros coa reserva previa, Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas, que teñen tarifas máximas de ata 25 euros cunha reserva mínima de 8 horas.

TRÁFICO MASIVO DE PASAXEIROS

Estímase que, durante a operación retorno, pasen ao redor duns 30 millóns de pasaxeiros por todos os aeroportos do Estado, cifra que representará un incremento dun 7,5% respecto ao mesmo mes de 2018.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta