Incendio forestal en Oímbra

O lume afecta unhas 30 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2019 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou na tarde deste luns dun incendio forestal que afecta o municipio ourensán de Oímbra.

Incendio forestal en Oímbra
Incendio forestal en Oímbra | Fonte: @BrifLaza en Twitter.

Segundo información da Xunta, o lume, que se iniciou este mediodía, comezou na parroquia de Videferre, e afectaba algo máis de 30 hectáreas de terreo.

Os labores de extinción para tratar de estabilizar e controlar este lume obrigou aos axentes de tráfico a cortar de forma intermitente algunhas estradas da zona. O lume quedou estabilizado arredor das cinco da tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta