Cayetana Álvarez de Toledo, unha dor de cabeza para o Partido Popular de Galicia

Toque de atención da Xunta á portavoz do PP no Congreso. “O respecto e a unidade ten que ser o principal no PP”. O vicepresidente, Alfonso Rueda, defende a proposta de Feijóo dunha gran coalición co PSOE pero aclara que tiña que ser feita por Pedro Sánchez.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/09/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O respecto e a unidade ten que ser sempre o principal eixo do PP”. Así de contundente respondeu este xoves o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras ser cuestionado polas constantes críticas da portavoz popular no Congreso –e de facto a número dous deste partido--, Cayetana Álvarez de Toledo, contra distintes líderes rexionais, entre eles, os de Euskadi, Galicia ou Andalucía.

A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press
A portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, ofrece declaracións aos medios de comunicación na Cámara Baixa un día despois do seu nomeamento.. Óscar J.Barroso - Europa Press

 

“Pero considera que o xeito de facer política da voceira popular está danando a imaxe do PP e, sobre todo, dividindo ao seu partido?”, preguntoulle Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Cada un ten o seu estilo de facer as cousas”, limitouse a responder. Con todo, e tras a polémica con Feijóo, criticado por Álvarez de Toledo, por propoñer unha gran coalición co PSOE, Rueda destacou que “o presidente nunca se sentiu cuestionado” polas palabras da número dous do PP. Pero, aclarou, “O respecto e a unidade ten que ser o principal eixo no PP”.

 

De feito, o vicepresidente afirmou que, se outros partidos teñen problemas internos, é precisamente, por non estar unidos. “A unidade é a primeira esixencia que ten o meu partido e ten que seguir sendo así”, dixo, “e iso non pasa noutros partidos”.

 

COALICIÓN PP-PSOE

 

Con respecto á proposta do presidente da Xunta dunha gran coalición entre PP e PSOE para tentar dar estabilidade ao goberno de Madrid, tras a convocatoria de catro eleccións en dous anos, Rueda suliñou que “é lóxico explorar esa posibilidade”. Unha proposta que foi duramente criticada por algúns sectores do seu partido, especialmente, pola propia Cayetana Álvarez de Toledo.

 

Con todo, destacou que quen tiña que afondar nesa proposta, e mesmo facela formalmente, era o presidente en funcións, Pedro Sánchez. “Esa coalición tiña que propoñela quen está no goberno, pero, finalmente, preferiu de socios á esquerda radical”, apuntou en relación aos acordos acadados polo PSOE en distintas autonomías con Podemos ou Bildu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 zeusdeusdaiwas galego

Pero imos ver si esta facendo o papel que quere o partido populeta, o que conta o de Galiza o mellor PEPE DE GA nada, que non é mais que un-ha sucursal para rirse dos parvos e dos incautos que se deixan engaiolar polo discurso sefardita-hispánico, namentras rouban nos petos os infames de mandriles, e que esta a facer a "marquesa cagalleta" pois nada montar escandaleira para sair nos xornais e tves dos masmedia, nada mais e o papel de SANTA XOANA DE ARCO que morreu na fogueira papal, anque fose un-ha santa...

1 Valdeorras 44

Que esta brillante mujer sea un dolor de cabeza para el partido de los baltares da una idea de como están las cosas.

1 De aldea

Brillante? Por marquesa? Por unha tese doutoral, que supoño que non liches? (Non lle quito merito a sua tese, pero afirmar sobre algo do que se sabe `por referencias e moito afirmar) En definitiva, supoño que che parece brillante porque comulgas coas suas ideas, confundes a brillantez coa coincidencia ideolóxica.