Pachi Vázquez ficha para o seu proxecto político a María Rey, exconcelleira de Ciudadanos en Pontevedra

Espazo Común de Carballiño

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo municipal de Espazo Común de Carballiño, Pachi Vázquez, anunciou este venres en Pontevedra a incorporación ao seu proxecto político da exconcelleira de Ciudadanos María Rey.

Espazo Común
Espazo Común | Fonte: Europa Press

Tras abandonar a formación laranxa, María Rey, xunto ao seu equipo, súmanse a este proxecto "ilusionante" liderado polo exsecretario xeral do PSdeG-PSOE co que buscan "romper moldes" fronte aos partidos tradicionais que, ao seu xuízo, "se esqueceron das persoas e só usan os votos da xente para a súa propia axenda política".

Pachi Vázquez referiuse a María Rey como unha persoa "electoralmente competitiva, socialmente activa e persoalmente comprometida".

Pola súa banda, Rey prometeu que, nesta nova formación, manterá a liña de traballo que o seu equipo defendeu os últimos catro anos buscando que a cidade "non sexa un decorado".

Vázquez entende que no actual panorama político "hai espazo" para unha formación como Espazo Común que, segundo dixo, é unha formación "socialdemócrata, de centro esquerda e de ámbito galego", que ocupa a súa acción política "nos concellos e nas vilas".

Respecto dos comicios autonómicos de 2020, tampouco se fixou obxectivos. "Dependerá da nosa velocidade de crecemento e expansión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta