Os fisioterapeutas denuncian "publicidade enganosa" na Feira Internacional de Turismo Termal de Galicia

O Colexio Oficial critica a promoción que se realizou en Termatalia de centros de supostas terapias alternativas ou naturais que carecen de acreditación e homologación para a prestación de servizos sanitarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/09/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) denuncia a "promoción e exhibición que desde a Feira Internacional de Turismo Termal de Galicia 'Termatalia' se realizou de centros de supostas terapias alternativas e/ou naturais que non están acreditados nin homologados para a presentación de servizos sanitarios". Critica, ademais, que "se realizan tratamentos de saúde por parte de persoas que carece da titulación universitaria legalmente necesaria para iso, co consecuente prexuízo para a saúde da poboación que iso conleva".

Termatalia 2019
Termatalia 2019 | Fonte: Expourense.

CoFiGa considera que a promoción ou publicidade deste tipo de centros "atenta contra o dereito á saúde da poboación", por contravir o disposto o Decreto regulador da Publicidade Sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia e inducir ao intrusismo profesional en materia sanitaria.

Por iso, desde CoFiGa dirixiranse senllos escritos a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e á Deputación Provincial de Ourense solicitando a creación dun Comité Ético que vixíe e evite a promoción de actividades como as denunciadas a nivel autonómico e en particular en Termatalia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta