"¿Quen é galego?"

Ramón Suárez, 'O Muxo', volvía criticar hai uns días, no programa radiofónico que ten en Bos Aires, a definición dos cidadáns galegos que o BNG fai na sua proposta de Estatuto. 'O Muxo' xa criticou duramente, pouco antes da visita de Emilio Pérez Touriño a Arxentina, a reforma da ley electoral plantexada polo conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu... ¿QUEN É GALEGO? (PROGRAMA 07-05-2006)

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2006 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

(PROGRAMA 07-05-2006)

'O Muxo' reflexionaba o pasado 7 de maio sobre "¿QUEN É GALEGO?" e dicía:

"Dous meses atrás, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Méndez Romeu, dicía: "cidadáns de Galicia son os que tributan impostos dentro da comunidade". Agora, no proxecto de estatuto do Bloque Nacionalista Galego (BNG), establécese no artigo 4.

1. Son cidadáns e cidadás de Galiza todas as persoas con veciñanza administrativa nalgún dos concellos galegos.

2. Unha lei do parlamento de Galiza regulará os procedementos de adquisición, conservación e perda da cidadanía galega, que deberá ter en conta a situación de todas as persoas residentes fóra de Galiza, que dispuxeran da súa última veciñanza en territorio galego, e a da súa descendencia.

Eu négome rotundamente a aceptar que unha lei do parlamento regule a miña condición de galego. Eu son galego por algo tan sinxelo como é, haber nacido na Terra, e debo ter absolutamente todos os dereitos, políticos e non políticos, que teñan os irmáns que viven nos concellos galegos, pagando, ou non pagando tributos.

O Estatuto de BÓVEDA, CASTELAO e os outros GALEGUISTAS, consideraba galegos, aos que o foran por natureza e aos que gañasen vecindade na Rexión.

Esta necidade de Méndez Romeu e do BNG, dita, como se escoita moitas veces en conversas informais, non merecería de min, nin sequera un mínimo comentario, por aquilo de non gastar enerxías en cousas inconducentes, pero aquí a cousa é distinta. Méndez Romeu é nada menos que conselleiro de Presidencia do goberno e, o BNG é a terceira forza política galega, cogobernando hoxe co PSOE, a nosa Autonomía.

Agora ben, mentres o ministro de Traballo de España confirmaba hai uns días en Uruguay, que a única forma de obter a nacionalidade española, os netos maiores, é, despois de residir un ano en España. A diputada polo BNG, Olaia Fernández Dávila, pide no Congreso que se lle recoñeza a fillos e netos de emigrantes a "cidadanía plena", polo que, de prosperar o seu proxecto e o aberrante estatuto que propón a súa formación política, teriamos unha condición de individuos que considerabamos extinguida , os que ante a pregunta ¿es usted gallego?, repondían: soy español. Claro que antes era por vergonza e ignorancia propias, hoxe seríao por ignorancia e vergonza alleas, xa que nos pasaportes, acreditaríase que somos españois, pero non seriamos galegos. Pobres descastados que pensan que a patria lévase na sola dos zapatos.

Non vou relacionar hoxe, as aportacións culturais e económicas, que fixo e segue facendo a Galicia, a emigración, arquicoñecidas por todos "os bos e xenerosos". Só direi que, co espírito deste desatinado estatuto, Pablo Iglesias, Ferrol 1850-Madrid 1925; Manuel Curros Enriquez, Celanova 1851-La Habana 1908; Wenceslao Fernández Flores, A Coruña 1879-Madrid 1964; Castelao, Rianxo1886-Buenos Aires 1950; Ramón Suárez Picallo, Sada 1894-Buenos Aires 1964; Tacholas, Ourense 1909-Buenos Aires 1991; Lorenzo Varela, La Habana 1916-Madrid 1978. Todos, morreron non sendo galegos; ata o San Froilán, Patrón de Lugo, que naceu nesa provincia no ano 933 e, viviu moitos anos en Zamora e León, donde o colleu o pasamento. E tamén non eran galegos nas tempadas que viviron fóra da Terra, Rosalía e o seu esposo Murguía; Concepción Arenal; Eduardo Blanco Amor; Manuel Colmeiro; Laxeiro; Rafael Dieste; Manuel Lugrís Freire; Luis Seoane; Celso Emilio Ferreiro; Antón Avilés de Taramancos e tantos outros, e finalmente non eran galegos, os que propiciaron a creación da Academia Galega; da bandeira branca e azul e do noso Himno, pois tales fitos foron artellados en Cuba.

Coma colofón, e ao xeito de Castelao, pídolle a Deus ou a quen corresponda, nos libren destes "oradores e xuristas que só aprenderon a ciencia dos libros"."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

12 O moinante

Deixemos o dereito de sangue de umha puta vez...é o mais reaccionario que pode existir. Umha das conquistas da Revoluçom Francesa é o dereito de chão. Um cidadão por ter nado dentro do territorio e por isso é o dono da soberania da naçom. Já sei que ao começo eram só os que tinham rendas e nom os parias, mas estamos analisando a fígura jurídica. Esta é umha das maiores conquistas civilizatorias e nom ter a milhões de pessoas sem dereitos políticos por nom ser filhos de nativos ainda que se tenha nascido no País, como sucede com os turcos em Alemanha; ainda que hoje tenham paliado algo isto.

Quem nasca em Venezuela é venezuelano, que ejerça lá os seus direitos, quem nasca em Argentina é argentino... e deixemo-nos de parvadas reaccionarias e cavernarias. Outra cousa é como podam recuperar a nacionalidade os netos ou filhos de emigrantes para tornar aquí. Isso é outro conto.

11 pendencias

Hai situacións nas que un non sabe que facer. Resposto ao "radical" apenas porque me amola a xente que vai de "sobrada" e ainda descualifica aos demais. Eu penso que hai que ler menos, ou facerlle menos caso, a El País e García de Cortazar e outros:

"Os Suevos eram um dos povos Germanos oriundo da região entre os rios Elba e Oder. Mais tarde, e com outras tribos de diferentes etnias, participam na fundação da Suábia no sul da Alemanha." wikipedia pt.

"En sus migraciones, los suevos se dirigieron hacia el sur y el oeste quedándose un tiempo en el área de la Alemania moderna. Todavía existe una región alemana llamada Suabia (Schwaben, cuyos habitantes en castellano actual se llaman suabos) que viene a equivaler al antiguo reino de Württemberg en el moderno estado de Baden-Württemberg y la zona sudoccidental de Baviera, con centro en Ulm" wikipedia es.

Estamos?

10 estevo das estrivadas

"bng sectario" desacreditase "sozinho" na sua mensaxe.

9 solovio

Unha persoa coma sectario que recorre a argumentos coma "problemas graves nos circuítos racionais" (expresión pouco clara cientificamente, xa de paso) non ten altura intelectual para debater.

8 EU

iso de q os suevos veñen de alemaña... ten razon o anterior (ironia)... so hai q mirar a wikipedia para sabelo.

en canto o d quitar votos os emigrantes xq son do PP... home, que eu saiba os mortos non son de ningun partido... ainda que tamen voten.