Un gran incendio queima 10 hectáreas en Arbo mentres media Galicia sofre un temporal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2024 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural detallou que o incendio forestal de Arbo  está controlado e afecta a máis de 10 hectáreas de superficie rasa, segundo as primeiras estimacións.

O lume, que comezou sobre as 17.30 horas deste domingo na parroquia de Cabeiras, quedou controlado minutos antes das 20.00 horas. Para facer fronte ás chamas desprazáronse cinco axentes, oito brigadas, unha motobomba e unha pa.

Varios focos de lume en Arbo
Varios focos de lume en Arbo | Fonte: Lito Arbo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta