Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2019 | Actualizada ás 20:25
Polémica polo uso do castelán e pola deturpación dos topónimos na Cámara galega. Foi a conta da intervención da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, sobre a dragaxe do río Lérez. Nun momento da súa intervención, a representante da Xunta referiuse á "ría de Arosa" o que motivou as protestas da oposición.
Nese momento, foi corrixida polo deputado nacionalista Luís Bará: "Dise Arousa", espetoulle. Tamén a deputada do PSdeG, Patricia Vilán, indicoulle que se agradecería o "esforzo" de que falase en galego en futuras ocasións.
Ao termo da comparecencia, interveu o presidente da comisión, o popular Jaime Castiñeira, quen lembrou que a comparecente ten dereito a falar en calquera das dúas linguas cooficiais, aínda que concluíu que tamén desde a Presidencia se agradecería o "esforzo" de pronunciarse en galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.