Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 10:23
O Festival Internacional de Cinema de Santiago Curtocircuíto, que se celebra ata o 6 de outubro, acolle este martes na súa décimo sexta edición a preestrea de 'O que arde', o último filme de Oliver Laxe, producido pola galega Miramemira, 4 a 4 Productions, Tarantula e Kowalski Films.
Esta sesión especial terá lugar ás 22,30 horas, no Teatro Principal de Compostela, e contará coa presenza do cineasta e de Amador Arias e Benedicta Sánchez, os protagonistas do filme.
O pasado mes de maio, Oliver Laxe fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español, xunto a Víctor Erice, en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.
No certame, 'O que arde' fíxose co Premio do Xurado da Sección Oficial 'Un Certain Regard' e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección.
A película, que se converteu nunha das catro españolas seleccionadas nos Premios do Cine Europeo, tivo recentemente a súa estrea estatal no Festival de San Sebastián. Chegará ás salas comerciais o próximo 11 de outubro, da man de Numax Distribución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.