Afíns a Carolina Bescansa danse de baixa en Podemos Galicia para sumarse a Más País

Unha das persoas que abandonou é Natalia Prieto, que foi secretaria de organización do partido baixo o liderado de Carmen Santos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/10/2019 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Varios membros de Podemos Galicia formalizaron a súa baixa da formación despois de que a  exdeputada de Podemos e cofundadora da formación violeta, Carolina Bescansa, anunciase que será a cabeza de lista do novo partido de Íñigo Errejón, pola provincia da Coruña.

Carolina Bescansa
Carolina Bescansa | Fonte: Europa Press.

En outubro de 2018, Antón Gómez-Reino gañou as eleccións primarias a Carolina Bescansa e converteuse no secretario xeral de Podemos en Galicia pero decidiu manter na dirección a persoas da contorna de Bescansa en aras de integrar os dous sectores enfrontados.

Con todo, unha vez que se coñeceu que Más País se presentará en Galicia, as persoas da contorna de Bescansa comezaron a cursar a súa baixa do partido, segundo confirmaron a Efe fontes da organización.

Unha das persoas que abandonou Podemos Galicia foi Natalia Prieto, que foi secretaria de organización do partido baixo o liderado de Carmen Santos, agora deputada no Parlamento galego.

Precisamente, o irmán de Santos, Rogelio Santos, tamén dimitiu do seu cargo no Consello Cidadán autonómico de Podemos.

Nunha carta con data do venres á que tivo acceso Efe, Rogelio Santos, agradece o trato recibido por parte da "maioría" da organización de Podemos e deséxalles sorte no proxecto.

Con todo, Carmen Santos, aínda non oficializou a súa marcha da organización morada nin do grupo parlamentario Común da Esquerda do que forma parte xunto a militantes de Podemos,  Esquerda Unida e Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Gamela

Esto xa é de coña! Carmen Santos dí que non se sente obrigada a renunciar ao escano no Parlamento de Galicia (se marcha con Bescansa-Errejón) porque dí que ela non se presentou por Podemos (sendo a súa Secretaria Xeral en Galicia!) senon polo "partido instrumental En Marea" >>> Claro que tampouco está en En Marea >>> Agora ándaba polo Grupo Común da Esquerda >>> Pero se lle dán o número 1 por Pontevedra igual volver cambiar de aires !!! ESTO É INCRÍBLE PERO CERTO !!!

1 Atónito

Arre carallo!!!

3 Fogueiras de San Xoan!

bla...bla....bla.... partidos de quita y pon....agora todo ilusionante, en 3 meses empezan os problemas.... Si é que Feijoo gobernará non polo ben que o fai.....senon polo mal q o fai a oposicion! Polo que.....se estando na oposicion forman estas trapalladas.....nin por asomo se me ocurre votalos, piro serían no goberno.

2 Gamela

Carmen Santos tragou o tuit de Pablo Iglesias e alí rematou o seu futuro en Galicia! Pero xa me gustaria que GC tivese acceso a facerlle unha entrevista amplia tanto a Bescansa coma aos que agora ESCAPAN de Podemos Galicia (?) Seguro que teñen moito que contar...!!!

1 Alienao

Descolonícese home, descolionícese!

1 Desmareado

Que remate xa o tempo da "nova política". Fartei de organizacións personalistas construídas arredor dun líder máximo promocionado pola TV (chámese Albert, Pablo ou Íñigo). Fartei de cambios de nome, de xiros ideolóxicos, de leas internas, de traizóns, de trepas e paracaidistas. Chegaron prometendo unha rexeneración moi necesaria e están deixando ben ao maldito bipartidismo. Nen un voto a esta clase de partidos!!