O Grupo Común da Esquerda resta importancia á marcha de cargos de Podemos á nova formación de Errejón

Apuntan a que ningún deputado está en Más País.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A portavoz de Común da Esquerda, Luca Chao, asegurou que o grupo traballa "con absoluta normalidade" e que "ningún" do dez deputados que o forman integran unha lista electoral para as próximas eleccións do 10 de novembro.

Luca Chao pronunciouse deste xeito ao ser preguntada pola marcha de persoas de Podemos Galicia ao proxecto encabezado por Íñigo Errejón Más País, entre os que se atopan inscritos afíns á que foi secretaria xeral de Podemos en Galicia e actual deputada de Común da Esquerda, Carmen Santos.

"Estamos comprometidas coa defensa do ben común e non cabe dúbida de que imos seguir comprometidas ata terminar co Goberno de Feijóo", manifestou. Entre as persoas que dimitiron e que concorrerán no proxecto cuxa lista pola Coruña ao Congreso encabezará Carolina Bescansa está Rogelio Santos, irmán de Carmen Santos, que dimitiu do seu posto no Consello Cidadán de Podemos Galicia.

As deputadas do Grupo Común da Esquerda Luca Chao e Eva Solla
As deputadas do Grupo Común da Esquerda Luca Chao e Eva Solla | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta