A sentenza do procés altera e entra de cheo na axenda política galega

Partidos estatais como Podemos, Más País e nacionalistas como En Marea e BNG coinciden en buscar solucións políticas e diálogo, o Grupo Común da Esquerda vai máis alá e pide o indulto, e o PP e o PSOE que asuman as súas responsabilidades. A patronal galega mostra o seu "respecto" pola sentenza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O procés entrou, sen querelo, na axenda política de Galicia e, iso, que todos eles non o tiña como tema prioritario nas súas comparecencias deste luns. Pero, é o bombazo informativo da xornada, a pesar de que parte da sentenza xa era coñecida desde o pasado sábado e, por iso, trastocou os temas e as prioridades dos políticos galegos.

Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados
Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados | Fonte: EP

E na valoración houbo diversidade de opinións. Só un partido, o Grupo Común da Esquerda, no que están Podemos, Esquerda Unida e a nacionalista Anova, foi máis alá nas súas manifestacións e pediu abertamente o indulto para os políticos procesados. A voceira desta formación, Luca Chao, falou primeiro de "dialogar" e "buscar solucións políticas" para, finalmente, recoñecer que o indulto é unha posibilidade que está aí e que habería que utilizar.

O BNG EVITA FALAR DE INDULTO 

Máis comedida foi Ana Pontón, a líder do BNG, quen evitou falar de indulto, como si defenden outros dirixentes nacionalistas de Cataluña e Euskadi. "A solución ten que ser política e, por iso, ten que imperar o diálogo", suliñou. Con todo, criticou que a sentenza "xa estivera escrita antes de comezar" o xuízo e calificouna de "inxusta e desproporcionada".

Neste sentido, criticou a "involución democrática" e a perda de "dereitos e liberdades", así como a imposibilidade de que as nacionalidades e pobos do Estado "teñan voz propia". Por iso, pediu unha rectificación política ao novo goberno que saia das urnas porque, insistiu, "a vía de solución é política". Con todo, e preguntada se o BNG condicionará o apoio a un novo goberno a esta cuestión, foi moito máis cauta. "Iso xa se verá, aínda non o temos falado na Executiva", contestou.

PSdG: "CUMPLIR O MARCO CONSTITUCIONAL"

A mesma postura que básicamente mantivo Pontón de solucións políticas, foi a que tiveron outros dirixentes políticos, como o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o deputado de En Marea, Pancho Casal, ou a candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa.

O líder socialista dixo que os responsables políticos cataláns xulgados "teñen que respectar a sentenza", tamén apostou pola vía do diálogo, aínda que destacou, "este non vai dar resultado nun día, nun mes e nun ano",  aludindo a dificultade de atopar unha solución política ao conflicto catalán.

Caballero destacou que "non se pode estar fóra do Estado" e que aqueles que non respectan os marcos da política estatal "están fóra da lei". Por iso, considerou lóxico a sentenza e instou aos partidos independentistas a "cumplir o marco constitucional" e respectar as "leis". Con todo, quixo aclarar que, ademais das vías xudiciais, están as vías políticas e que "o que hai que facer entre todos é dialogar".

EN MAREA E ANOVA, CONTRA AS CRIMINALIZACIÓNS

Así, Casal dixo que a setentenza non vai solucionar os problemas existentes en Cataluña. "As ansias democráticas dun país non se poden resolver nos tribunais, teñen que resolverse por medios políticos", sinalou ao suliñar que En Marea nunca cambiou a súa postura desde o inicio do conflito. "Non se pode criminalizar a opinión de toda unha cidadanía", dixo en alusión ao referendo independentista.

Tamén Anova, a través dun comunicado, afirma que o Estado español "queda en evidencia" cunha sentenza que consideran "un novo intento de pechar de forma autoritaria a crise do Réxime de 78, intensificando a represión contra os movementos que defenden o dereito a decidir e contra a xente do común que denuncia políticas neoliberais".

Pola súa banda, Carolina Bescansa apelou este domingo a ter "altura de miras" e dixo que a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos". "Lamentablemente levamos moito tempo vendo como os políticos forman parte do problema e non da solución", engadiu a socióloga santiaguesa, que confía en que as "bases" das organizacións "acaben achegando un pouco máis de sentido común á vida política española".

PPdeG: "QUEN AS FAI, QUE AS PAGUE"

Pola súa banda, os populares foron os que máis aplaudiron a sentenza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o máis contundente nas súas declaracións e suliñou que "os políticos non poden quedar impunes á lei" e que os presidentes das comunidades autónomas, os vicepresidentes, os conselleiros e os presidentes dos Parlamentos autonómicos, "se delinquen, son condenados». "Se un político a fai, que a pague porque non ten máis dereitos que un cidadán", dixo.

Na mesma liña se manifestou o portavoz adxunto do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro. "Os políticos o que temos que facer é non valorar as sentenzas, dixo. Unha opinión moi semellante ao do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que suliñou que "quen vai contra a lei ten que asumir as súas responsabilidades".

PATRONAL

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu "respecto total e absoluto" aos tribunais e institucións do Estado ante a sentenza.

A patronal galega asegura que a democracia e o principio de legalidade son inseparables, polo que "o marco constitucional debe ser o ámbito no que se desenvolva a normalidade política e económica dentro do Estado de Dereito"

Por último, os empresarios galegos confiaron en que, tras esta decisión xudicial, se abra en España unha nova etapa de estabilidade democrática.

MOBILIZACIÓNS

A sentenza do procés mobilizou á Plataforma Galiza con Catalunya que este luns convocou varias concentracións nas que se agarda a participación de formacións independentistas con Ceivar, Axir, Briga ou Nós-UP e outras nacionalistas como Anova e FPG (no Grupo Común da Esquerda), o BNG ou Cerna (en En Marea). As mobilizacións serán ás 20,00 horas en Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Ourense, Burela e Redondela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

11 Gamela

Resposta a Sentidiño:: NON podo ter EMPATÍA cunha clase política privilexiada que cobra fortunas do erario público mentras tapan negocios privados e soñan con repúblicas que nunca existirán! Acaso alguén acredita que esta xentalla vai incluir a tódolos cataláns nos dereitos e liberdades que reclaman para sí mesmos? Ao día seguinte da proclamación da República Catalana os que non teñan carné serán facturados directamente para Galicia (a montar fábricas de conservas onde explotar ás galegas coma burras de carga!) ¿Cómo podemos entender a simbiose de ERC e CUP coa xentalla de CiU (agora JuntsxCat)? Esta é unha República Vinagreta! Pero o único que hai debaixo de tanto chorar e píar é un NEGOCIO NOXENTO (con sede en Andorra e dirixido dende Montserrat!) Do que se trata é de agochar os BENEFICIOS dunha caste política corrupta en grado superlativo dende hai 30 anos a base do 3% do carallo! (cont.)

10 Rui do

Pódese saber canto cobra da Famiglia Pujol o organizador destas manis?

9 uu1

Pois já que todo o mundo é tão constitucionalista, poderíamos reclamar também o cumprimento de “As OUTRAS LINGUAS espanholas SERÁN também OFICIAIS nas respecti¬vas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos... A riqueza das DISTINTAS modalidades linguísticas de Espanha é um patrimônio cultural que será objeto de especial RESPECTO e PROTECCION” e do estatuto “A língua PROPIA de Galiza é o galego. Os idiomas GALEGO e castelhano são OFICIAIS em Galiza e todos tenhen o DRIREITO de os conhecer e de os usar....” e para garantir este direito não e permissível que nenhum funcionário público poda dizer isso de “yo no tengo obligación de saber el gallego, y aquí nadie le va a atender en gallego”. Eu uso a diário o idioma inglês, mas se não quero usá-lo, só tenho que procurar outro trabalho. A linga galega é oficial na Galiza mas não se cumpre a constituição e do estatuto e o tribunal constitucional mera cara outro lado.

8 expaña tirania e ladroecio

GAMELA=GARGAMEL!!!! son de expaña, son do facismo... expaña non e mais cun niño de ladrons indecentes e porcos, a monoarquia bobonica un-ha peste cheirenta e a xustiza un-ha farsa que mira CARA O SOL... xa sabia o que ia pasar, todos o sabíamos o filtraron ademáis o xornal fascista "o pis" OS CATALANS TEÑEN QUE RESPONDE castelonia e catalunña ... non poden seguir asi tragando a inmundicia de expaña os expañois teñen que págalo ben caro as que están a facer as que están a roubar... en comparación os do 23-F non lles pasou nada e mira que sacaron os tanques de paseo polas ruas e tomaron o congreso e centos de refens a tiro limpio nun golpe de estado expañol-fascista

1 nostrus

Yo creo que te confundes y España es maravillosa, incluso a pesar de los que roban y de los que se esfuerzan en enmerdarla. De hecho a dia de hoy, quienes mas se esfuerzan en convertirla en un pais bananero son los separratas catalanes, pero a quien mas enmierdan es a Cataluña.

7 Galeguiña

As leis de desconexión, a proclamación da "república", os chamamentos a ignorar as resolucións dos tribunais, o aplastamento da oposición no parlamento autonómico, a violación do Estatuto de Autonomía... e así ata o infinito, non foron "ensoñacións". A violencia (recoñecida por Forn) a pretensión de facer dos non independentistas extranxeiros na súa propia terra, o desprezo polo Estado de Dereito foron realidades que estes delincuentes queren facer pasar por actos de Democracia. Rufián, Fachín, Colau, Tardá, Torrente, e ata Torra fan política, son independentistas e non estánpresos. Os condenados, vulneraron as Leis e están onde deben: na cadea. E si me apuran, ben librados saíron dos seus delitos.

1 Casilda

Gandhi, Luther King, Mandela... vulneraron a lei. Galleguita, foron condenados por ser delincuentes? Ou son hoxe modelos a imitar? Hai Galleguita simpática e inocente, pide que che expliquen a diferenza entre a lei e a xustiza!

2 nostrus

asilda. Franco tamen vulnerou a lei e espero que non o teñas bon criterio del. Por certo, si cando Franco se sublevou o goberno legal daquel tempo se houbera acobardado e non tentara sofocar o levantamento.......¿seria democratico o franquismo?. Respsotame si sabes.

3 Galeguiña

Casildiña, supoño que nomeas eses persoeiros por loitaren contra a colonización do seu país ou por conquerir para a minoría negra os dereitos e o estatus social e económico dos brancos. Non sei onde está a opresión dos cataláns (semella que os racistas son Torra e os que, como fai él, pensan que os españois son seres tarados e inferiores, bestas que non falan catalán); tampouco sei se un "país colonizado" pode presumir de ser a rexión de España mais rica a conta de dispor dos privilexios dos que dispuxo (e dispón) a industria catalana respecto do mercado económico e laboral español; un “país colonizado” que ten un autogoberno que xa quixeran para si mesmos os escoceses ou os galeses. E se falas de dereitos…

4 Casilda

Claro Nostrus, por iso o teu adorado Caudillo está considerado na historia á par de Gandhi, Luther King e Mandela. Lamento se pretendes seguir enredando ou provocando, non manteño conversas con fascistas.

5 Carmen Lastra

Os escoceses e galeses poden decidir e deciden libremente en referendo o seu destino como pobo. Entendes a diferenza Gal(egu)iña colonizada?

6 nostrus

Casilda, trabúcaste moito conmigo en considerarme admirador de Franco, inda que xa sei que só obedece ao voso estilo manipulador e calumniador e probablemente ti admires mais a Otegui ou a Josu Ternera que eu a Franco. Por certo, fascistas só sodes os totalitarios e ontolerantes e que non respetades a legalidade que queredes trocar co chanchullo.

7 Galeguiña

Ay Carmiña! Por iso os independentistas esoceses estiveron hai pouco a pedir outro referendo de independencia (co lío do Brexit i esas cousas) e Westminster díxolle que nones. A diferenza fundamental é que os independentistas escoceses e galeses, respectan as leis e non se embarcan en aventuras ilegais, enganando aos seus acólitos con quimeras irreais coma a "República Catalana" que non existe. Ademáis, aínda que sectarios coma todos os nacionalistas, semella que non son tan racistas. Un biquiño minha cándida amiga.

8 Praceres

Pois será que a lei permite en Gran Bretaña o que nega en España. E sábelo, vai haber referendo de novo (en Escocia, en Gales e en Cataluña, pois é a única vía democrática para saber o que desexa un pobo). O racismo existe, por suposto, en ambos bandos. Acontece que quen o exerce con máis forza é quen ten o poder (VOX e VÓS, os nacionalistas españois, que hai dúas xornadas celebrastes o Día de la Raza). E xa cho dixeron: que exista unha lei non implica que esta sexa xusta, e loitar contra a inxustiza é unha obriga de toda persoa decente. A desobediencia, o desacato e a resistencia son formas elementais de defensa dos oprimidos. E, case seguro, os presos políticos de hoxe serán os héroes do mañá. E iso proe!

9 Praceres

Sabemos que non foi o que esperávades. Os españolistas precisades algo máis que escarmento e humillación, disfrutades do sangue na area, sacrifícios públicos, crueldade perversa para satisfacer o apetito de bestas do fascismo agora que van mudar a momia de sitio. Entendo que andes doente co tempo e coa sentencia, que propagues a mentira da violencia organizada (que o Tribunal Supremo rexeita), e que te desesperes ante a imposibilidade de calar un pobo. Os pirómanos estades, sen querer, colaborando cola causa independentista. Parafraseando a Castelao, VOX e VÓS sodes os separadores!