Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/10/2019 | Actualizada ás 18:11
O secretario xeral de Política Ligüística da Xunta de Galicia, Valentín García, participou este xoves na apertura do Simposio Internacional Neos 2019 'De neofalante potencial a falante activa dunha lingua minorizada', onde destacou a importancia de "coidar aos neofalantes" do galego polo seu papel na "revitalización" da lingua.
Este simposio, organizado polo grupo de investigación da Universidade de Vigo Grades, no marco do proxecto de investigación Neos, se celebrará entre este xoves e venres na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.
Alí, García explicou durante a súa intervención que o 'Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022' que a Xunta está a pór en marcha "préstalle unha especial atención á figura do neofalante e ao seu significativo papel no mantemento e revitalización da lingua galega".
En liña con este plan, o secretario xeral a apostado por "coidar aos neofalantes, que son unha minoría, pero unha minoría normalmente moi dinámica na promoción do idioma".
Xunto con Valentín García, tamén participou na inauguración destas xornadas o profesor Fernando Ramallo. O acto de apertura deu paso a un día de traballo con comunicacións centradas en Aragón e Euskadi, pola mañá, e en Valencia, Bretaña, Lusacia e Galicia, pola tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.