Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2019 | Actualizada ás 19:09
Vueling cancelou este xoves un total de 36 voos este venres no Aeroporto de Barcelona-O Prat pola convocatoria de folga xeral, informaron fontes da compañía a Europa Press.
Entre os voos cancelados figura a conexión co Aeroporto de Alvedro na Coruña e a Cidade Condal. O voo de ida estaba programado para as 15,30 horas e o regreso para as 17,55 horas do venres.
A aerolínea anulounos pola convocatoria de folga dos sindicatos Intersindical-CSC e a Intersindical Alternativa de Catalunya (IAC) e xa o está comunicando aos pasaxeiros afectados.
As citadas fontes detallaron que 18 voos teñen orixe no Aeroporto de Barcelona e os 18 restantes teñen destino na instalación, e defenderon que os cancelaron porque se trata dunha situación allea á compañía e para minimizar o impacto aos usuarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.